Último engadido : 1 de outubro do 2007.

O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos pechou a súa investigación sobre a adquisición de Warner Bros. Discovery (WBD) por parte de Paramount Skydance sen presentar obxeccións, ao concluír que a operación non prexudicará a competencia nin aos consumidores estadounidenses. A decisión chega tras unha investigación de oito meses na que se analizaron máis de dous millóns de documentos e abundante información achegada tanto polas empresas implicadas como por terceiros do sector audiovisual.

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrou a súa 18ª Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Fíxoo cunha cea de gala no Hotel OCA Puerta del Camino en Santiago na que se entregaron os premios anuais da profesión. Asistiron máis de 500 convidados ao evento TIC referente de Galicia, entre representantes do ámbito empresarial, da Administración Pública, do eido universitario e profesionais do sector tecnolóxico.

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) acolleu a presentación dos resultados dos seus novos equipamentos: un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark, que se suma aos equipos xa anunciados nos últimos meses. Na cita participaron o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.

A fortuna de Elon Musk alcanzou por primeira vez o billón de dólares, converténdoo na primeira persoa da historia en superar ese limiar patrimonial como consecuencia da suba das accións de SpaceX poucas horas despois da súa estrea na Bolsa (considerada a meirande saída a Bolsa da historia). Segundo unha análise de Bloomberg, o patrimonio do empresario de 54 anos duplica xa a suma das fortunas de Jeff Bezos e Bernard Arnault, que hai apenas dous anos disputaban con el o posto de persoa máis rica do mundo.
![]()
Netflix anunciou o lanzamento de FIFA World Cup: Launch Edition, un novo videoxogo oficial do Mundial de Fútbol de 2026 que está dispoñible en exclusiva a través de Netflix Games. A proposta aposta por partidas rápidas e accesibles, permitindo que ata catro persoas xoguen xuntas empregando os seus teléfonos móbiles como mandos mentres a acción se desenvolve no televisor.

A Deputación de Ourense mostra o seu modelo de xestión turística intelixente no Congreso CitiGal 2026 a través da presentación do director da área de Transparencia e Goberno Aberto, Marcos Valiño, que explicou os detalles do modelo de Destino Turístico Intelixente (DTI) da institución, así como a súa culminación ao integrarse na Plataforma Intelixente de Destino da man de SEGITUR.

Anxo Amoedo e Nikolas Antón, estudantes no Colexio Fogar Afundación do ciclo de Instalacións eléctricas e automáticas e Alejandro Requeijo do ciclo de Mantemento electrónico competirán o vindeiro venres 3 de xullo na final da IV Olimpiada Nacional de Telecomunicacións, Teleco Games 2026.

O programa InnovaTech FP consolidouse como un dos principais escaparates da innovación tecnolóxica desenvolvida nos centros de Formación Profesional galegos. Así o destacou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante a entrega dos premios da terceira edición do certame, celebrada esta mañá en Culleredo, onde salientou que a iniciativa xa deu lugar á primeira patente da FP galega e mesmo á creación dunha empresa.

O vindeiro martes 16 de xuño (a partir das 11.30 horas) a sala Agustín Magán do compostelán centro sociocultural de Santa Marta acollerá a gala de entrega de galardóns do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres 12 de xuño luz verde á adxudicación, por 2,5 millóns de euros dun novo sistema informático para a xestión tributaria da institución provincial. Unha ferramenta que, en palabras da voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, “suporá un importante avance na modernización dos servizos que prestamos aos concellos e á cidadanía”.

O vindeiro mércores, 17 de xuño, o Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio acollerá entre as 10:00 e as 14:00 a cuarta edición do Galicia Podcast Summit, un encontro para xuntar a creadores, profesionais do márketing, produtores, especialistas en comunicacións e apaixonados do podcasting e afondar no impacto da intelixencia artificial na creación, distribución e monetización dos contidos dixitais.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración co Banco de España, impulsa unha nova edición da iniciativa Finanzas para todos, destinada a mellorar a educación financeira da cidadanía e fortalecer a súa capacidade para adoptar decisións económicas seguras, responsables e ben fundamentadas.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, entregou este venres 12 de xuño en Ourense un dos catro bonos regalo de 250 euros que se sortearon nas redes sociais entre as persoas que participaron na primeira edición de 2026 dos Bonos Activa Comercio.

Os concellos de Cuntis, Moraña, Portas e Barro e máis a Unión Nacional de Asociacións Familiares (UNAF) veñen de xuntar forzas para traballar este verán por unha Rede segura, poñendo o foco nos menores de idade. Farano a través do proxecto de prevención de condutas aditivas os ditos concellos e dunha sesión formativa dirixida a familias.

Boox presentou o Go 6 (Gen II), a segunda xeración do seu lector electrónico de 6 polgadas, que incorpora por primeira vez compatibilidade cun lapis dixital para tomar notas, realizar anotacións e subliñar contidos. O dispositivo mantén a súa orientación á mobilidade, pero amplía as súas funcións máis alá da lectura grazas á integración dunha aplicación nativa de notas.

Mestrelab Research presentou os resultados do proxecto SCI-Data, unha iniciativa orientada ao desenvolvemento dunha solución tecnolóxica avanzada e con ampla marxe de evolución para a xestión, procesamento e estandarización de grandes volumes de datos científicos procedentes de múltiples fontes, con especial foco na investigación en sectores químicos, farmacéuticos e de ciencias da vida.

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron no edificio Redeiras da UVigo, unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa do Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.

Unha análise técnica realizada de forma conxunta por iFixit e NBC News sobre o smartphone Trump Mobile T1 conclúe que o dispositivo é, na práctica, unha versión case idéntica do HTC U24 Pro lanzado en 2024, con cambios fundamentalmente estéticos. O estudo combina escaneos por tomografía computarizada, inspección non destrutiva e desmontaxe completa do terminal.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou a primeira hora deste xoves 11 de xuño o IV Foro Azul, celebrado no marco do Festival Mar de Mares no Espazo Avenida Abanca, na Coruña. Nel, resaltou os avances tecnolóxicos do sector marítimo galego e as novas iniciativas que se están a aplicar desde a Xunta de Galicia para o proceso de transición dixital e tecnolóxica.

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ribadeo na inauguración da xornada técnica Transformación dixital e intelixencia artificial: unha mirada desde a saúde laboral, organizada polo Laboratorio de Riscos Psicosociais do Issga e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). O encontro reuniu a 65 participantes procedentes de diferentes ámbitos profesionais e institucionais. Durante a súa intervención, a responsable do Issga destacou a necesidade de anticiparse aos novos riscos psicosociais para garantir contornos de traballo saudables e sostibles, ao tempo que puxo en valor o papel que desempeña o Laboratorio de Riscos Psicosociais neste ámbito.
· A Noite do CPEIG defende o papel transformador da Enxeñaría Informática
· O CESGA incorporará un segundo computador cuántico enfocado a formación e simulacións
· A saída a Bolsa de SpaceX converte a Musk no primeiro billonario da historia
· O FIFA volve da man de Netflix
· A Deputación de Ourense expón o seu modelo de xestión turística intelixente no Congreso CitiGal
· O Colexio Fogar Afundación, entre os catro finalistas da Olimpíada Nacional de Telecomunicacións
· InnovaTech FP premia proxectos galegos centrados en IA e dixitalización
· Talentos Inclusivos (CITIC) recibirá o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento
· Galicia Podcast Summit celebrará a súa 4ª edición na Coruña
· Nova edición das sesións formativas Finanzas para todos na Rede CeMIT
· A Xunta destaca a boa acollida nas redes sociais da campaña Activa Comercio
· Cuntis, Moraña, Portas e Barro xuntan forzas por unha Rede segura para a rapazada
· O novo lector de libros electrónicos de Boox engade compatibilidade con lapis
· Os Encontros Gidein analizan o papel da robótica avanzada na industria do futuro
· Confirman que o Trump Mobile T1 é un móbil chinés pintado de dourado
· Os avances tecnolóxicos do noso sector do mar, ao detalle no Festival Mar de Mares
· Ribadeo acolle unha xornada sobre saúde laboral e intelixencia artificial
· O director da AMTEGA participou na clausura do primeiro Sandbox europeo de IA
· Un tribunal considera que as escolmas xeradas por IA son responsabilidade de Google
· O CPEIG celebra este venres a súa XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
· Adamo regalará 1.000 contratos anuais de fibra e móbil gratis se España gaña o Mundial
· Expostos os datos persoais de preto dun millón de consumidores de cánnabis
· Xbox prepárase para unha grande reestruturación
· Insta360 estrea a súa cámara estabilizada con dobre obxectivo