Ribadeo acolle unha xornada sobre saúde laboral e intelixencia artificial
xoves, 11 de xuño do 2026
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ribadeo na inauguración da xornada técnica Transformación dixital e intelixencia artificial: unha mirada desde a saúde laboral, organizada polo Laboratorio de Riscos Psicosociais do Issga e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). O encontro reuniu a 65 participantes procedentes de diferentes ámbitos profesionais e institucionais. Durante a súa intervención, a responsable do Issga destacou a necesidade de anticiparse aos novos riscos psicosociais para garantir contornos de traballo saudables e sostibles, ao tempo que puxo en valor o papel que desempeña o Laboratorio de Riscos Psicosociais neste ámbito.
Quinzá-Torroja subliñou que esta cuestión resulta especialmente relevante ante a crecente incorporación das tecnoloxÃas dixitais e da intelixencia artificial aos procesos produtivos. Segundo explicou, estas transformacións abren novas oportunidades, pero tamén presentan desafÃos relacionados coa xestión das persoas, a adaptación das organizacións, a retención do talento e a protección da saúde laboral. Por iso, incidiu na utilidade de iniciativas como esta xornada para favorecer contornos de traballo máis saudables e adaptados ás novas realidades tecnolóxicas.
A actividade está orientada principalmente a persoal directivo, responsables de recursos humanos, profesionais da prevención de riscos laborais e outras persoas interesadas nesta materia. Ademais da súa vertente formativa, constitúe un espazo de reflexión e coordinación entre distintos actores clave, co obxectivo de impulsar a integración da saúde psicosocial nas polÃticas laborais e preventivas de maneira transversal.
O Laboratorio de Riscos Psicosociais, impulsor desta xornada, enmárcase na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. Trátase dunha iniciativa conxunta da Xunta e da USC creada para promover a transferencia de coñecemento cientÃfico neste ámbito e contribuÃr á mellora da saúde psicosocial das persoas traballadoras nas empresas galegas desde unha perspectiva integral. Para iso desenvolve actividades de investigación, formación, sensibilización e colaboración técnica, entre as que se inclúe esta xornada.
