Vodafone comercializará en exclusiva o Emporia RL1, un móbil pensado para maiores
venres, 24 de xuño do 2011
Hoxe en dÃa ninguén dubida da utilidade da telefonÃa móbil para facilitarnos o dÃa a dÃa e mellorar a nosa comunicación cos demais, porén co paso do tempo, os dispositivos que usamos fóronse perfeccionando tanto e incluÃndo tantas novas aplicacións que na actualidade xa non están ao alcance de calquera usuario, pois son moitas as persoas que non logran entender o funcionamento dos seus móbiles e seguen a estar excluÃdos da sociedade da información por isto.
En España hai máis de 7 millóns de persoas maiores e estÃmase que 3 millóns viven solas en pobos ou zonas illadas. Este colectivo, que é o que máis partido lle pode sacar á telefonÃa móbil de última xeración á hora de mirar pola súa seguridade e integridade fÃsica, non ten á súa disposición teléfonos doados de empregar, e as ferramentas tecnolóxicas seguen a ser un atranco para eles.
É por isto que Vodafone, en colaboración con Emporia Telecom, vén de desenvolver un novo terminal doado de usar, destinado a facer accesible a comunicación ás persoas maiores, que vai ser presentado o vindeiro xoves 30 de xuño na Coruña polo prestixioso psicólogo Bernabé Tierno.
Trátase do Emporia RL1 de Vodafone, un teléfono deseñado para evitar complicacións innecesarias que incorpora amplos servizos asistenciais como asesoramento telefónico de balde en materia socio-sanitaria, de orientación médica, social, nutricional, psicolóxica, xurÃdica, informática e de uso do móbil as 24 horas do dÃa.
No acto de presentación, que terá lugar no Hotel Zenit da Coruña a partir das 11, Bernabé Tierno explicará a importancia de perderlle o medo ás novas tecnoloxÃas, e os responsables da ferramenta mostrarán cómo o novo terminal lle pode facilitar este labor.
Asemade, presentarán un estudo sobre Como nos comunicamos as familias españolas, que achega datos estatÃsticos interesantes sobre o uso do móbil no fogar.
No acto tamén participarán Mª Dolores Novo, da Unión Democrática de Pensionistas, José Manuel AzorÃn, manager Productos Sociales Vodafone e Mercedes Pescador, de Emporia Telecom.
