O 21 de maio Ubisoft estrea un xogo de acción en primeira persoa free-to-play

venres, 3 de maio do 2024 Marcus Fernández

Ubisoft vén de anunciar que o vindeiro día 21 chegará a Xbox Series X|S, PlayStation 5 e PC (a través de Ubisoft Connect) o xogo de acción en primeira persoa en arena XDefiant, ofrecendo 5 modos de xogo ao longo de 14 mapas, con 5 faccións xogables inspiradas en franquías de Ubisoft, cada unha cun estilo de xogo único.
O xogo, que moitos xa ven como unha competencia directa a Call of Duty, estrearase cunha pretempada que durará 6 semanas, tras as que o xogo irá recibindo novidades cada 3 meses, de xeito que no primeiro ano recibiría 4 novas faccións, 12 novas armas e 12 mapas adicionais.
Queda agora por ver se este título consegue ter certo impacto, atraendo a un público dabondo que facilite rendible a súa fórmula free-to-play, traendo algo de variedade a un xénero bastante conservador. O éxito de XDefiant dependerá principalmente da comunidade de xogadores que medre ao seu redor, de xeito que tanto podemos estar ante un xogo que se converta no fenómeno da tempada, como pode rematar desaparecendo en poucos meses (como aconteceu con moitos xogos como servizo que non gozaron do favor do público).

Tráiler de XDefiant

PUBLICIDADE