eReader con pantalla táctil de Medion
venres, 25 de marzo do 2011
Medion vai
comercializar en España o seu lector
de libros electrónicos MD86371, con pantalla táctil E-Ink de 6 polgadas con
16 niveis de gris, unhas medidas de 119 x 180 x 11 milÃmetros, un peso de 212
gramos, 2 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD/SDHC,
soporte de numerosos formatos de ficheiro (PDF, ePUB, HTML, DOC, TXT, RTF, Fb2,
PRC, JPEG, GIF, PNG, BMP e MP3), porto USB para cargar a súa baterÃa de 1.100
mAh e un prezo de 149 euros. Estamos asà ante un interesante dispositivo que
achega unha boa experiencia de lectura baseada en tecnoloxÃa de tinta electrónica
coa comodidade dun control táctil e cun prezo bastante axustado.
