Vueling e KPN lanzan o servizo de telefonía Vuelingmovil

xoves, 18 de decembro do 2008 Raquel Noya

A compañía de vóos de baixo custe, Vueling, ademais de despegar cos seus avións cara distintos destinos nacionais e internacionais, vén de facer hoxe un despegue moi especial no sector da telefonía.
Da man do operador virtual KPN, a compañía aérea (agora tamén operadora) vén de lanzar o seu propio servizo de telefonía móbil, o Vuelingmovil, que está dispoñible nas modalidades de contrato e prepago e que se pode contratar a través da web oficial ou das tendas Telecom e El Corte Inglés de toda España.
A tarifa básica deste novo servizo é de 10 céntimos por minuto, a calquera operador e a calquera hora, cun establecemento de chamada de 15 céntimos.
O custe dun SMS é similar: 10 céntimos, nembargantes, aqueles clientes que viaxen con Vueling pódense beneficiar dunha tarifa especial de 8 céntimos o minuto e outros 8 céntimos a mensaxe.
Asemade, segundo o gastado en chamadas con Vuelingmovil, os clientes deste servizo poden ir acumulando puntos aéreos para logo canxealos no servizo Punto da compañía.
No tocante ás tarifas de roaming, estas son, segundo os responsables da compañía, “as máis baixas do mercado” e sitúanse en 35 céntimos por minuto falado e outros 35 polo establecemento de chamda.
Vuelingmovil non ten obriga de permanencia, polo que o cliente pode ir a outra compañía en calquera momento sin pagar penalizacións nin levar a cabo complicadas xestións, algo que (compre dicilo) é de agradecer hoxe en día.

PUBLICIDADE