Vodafone agasalla 25 GB para navegar durante o verán

luns, 9 de xullo do 2018 Redacción

Quen queira navegar durante o verán nas mellores condicións a través o seu móbil, vai poder facelo e operadoras como Vodafone queren ocuparse de garantilo. Segundo vén de informar a compañía en relación a estes meses estivais e ás necesidades de conexión dos seus usuarios, todos clientes con tarifa de contrato móbil ou converxente van gozar de 25 GB extra, sen custe algún, dende o domingo 15 de xullo até o 31 de agosto, ambos incluídos.
A empresa tamén fixo saber que para desfrutar destas condicións de datos adicionais os clientes non precisarán facer nada. Os 25 GB estarán dispoñíbeis tanto para clientes novos como para actuais.
O novo beneficio engádese á incorporación, sen custo adicional, de máis datos, máis minutos de voz e novos servizos aos plans de prezos de máis de 6 millóns de liñas que se anunciou en maio. Ao fío de todo isto, a operadora lembra que estas melloras no servizo son posíbeis “grazas á alta calidade da rede móbil de Vodafone en España, que o pasado novembro foi recoñecida por P3 Connect Mobile Benchmark como “a mellor rede móbil do ámbito estatal”.

PUBLICIDADE