Artigos desta sección
Duke Nukem Forever estrea un novo teaser
O videoxogo Duke Nukem Forever, presente la listaxe do vaporware máis destacado de cada ano pola revista Wired dende o ano 2000, parece que finalmente se converterá en realidade en 20008, e 3D Realms anunciou a publicación un vídeo de adianto do xogo, comezando por unha impresionante imaxe do protagonista. O novo vídeo amosa que o desenvolvemento do xogo (...)
Ler máisO clásico Sensible World of Soccer volve para Xbox 360 e Windows Vista
Os usuarios de Xbox LIVE poderán mercar dende mañá por 800 Microsoft Points o clásico xogo futbolístico Sensible World of Soccer, que arrasara a mediados da década pasada, pero incorporando xogo en liña (con Vista ou con Xbox LIVE Arcade) e graficos mellorados respectando o código do programa orixinal, de xeito que servirá perfectamente para rememorar a (...)
Ler máisPagan 9.100 dólares por un videoxogo de 90 dólares
Un pai canadense percorreu multitude de tendas durante 2 semanas para conseguir facerse co xogo Guitar Hero III para a Nintendo Wii, de xeito que o seu fillo de 15 anos podería ver como na noite de Nadal era un dos poucos afortunados en verse agasallado cun dos títulos máis desexado destas festas, pero todo apunta a que non será así, pois o proxenitor quedou (...)
Ler máisOs deportes volverán á Wii con Sports Island
Konami anunciou que vai distribuír en Europa o xogo Sports Island para Nintendo Wii, que será un dos títulos deportivos que prometen arrasar en 2008 pola súa variedade de disciplinas deportivas incorporadas e a súa aparencia tan acorde coa consola de Nintendo. O xogo seguiría os pasos do Wii Sports, pero nesta ocasión os deportes incluídos será patinaxe (...)
Ler máisOs Power Rangers chegan á Nintendo DS
Hai un par de semanas os usuarios de PC e PS2 puideron achegarse a un novo videoxogo dos Power Rangers que vén de chegar na súa versión para Nintendo DS espallando a coleccións de xogos baseados nesta franquicia televisiva que xa ten 15 anos de vida. Power Rangers: Super Legends para Nintendo DS ofrece 24 misións con secuencias de intensos combates, moitos (...)
Ler máisDous galegos gañan un campionato mundial de World of Warcraft
O Championship Gaming Series (CGS) celebrado en Los Ángeles nos pasados días congregou a xogadores de todo o mundo que mediron a súa pericia en distintos xogos, pero que no categoría de 2 contra 2 do World of Warcraft: Burning Crusade sorprendeu cunha vitoria galega. O equipo wts skill, composto por Francisco Javier Fearwar de la Peña Ojea e Néstor (...)
Ler máisOs eurodeputados danlle o visto bo ó Imperium Civitas como ferramenta educativa
Por primeira vez, o órgano máis importante da Unión Europea, o Parlamento Europeo, vén de abrir as portas a unha iniciativa que, baixo o lema Aprende xogando coa Historia, quere amosar que os videoxogos (amais de divertir) poden ser eficaces ferramentas de transmisión de coñecementos e de estimulación para a aprendizaxe, especialmente entre os máis novos. O (...)
Ler máisA revista EGM publica novos detalles sobre Street Fighter IV
Aínda que faltan moitos meses para o seu lanzamento, xogo Street Fighter IV non para de dar que falar, pois os seguidores da saga de loita máis popular de tódolos tempos discutiron moito trala aparición do vídeo promocional deste novo título, xa que parecía presentar unha aparencia tridimensional realista do xogo, o que parecía traizoar o espírito do xogo. O (...)
Ler máisDon King dará o seu nome a un novo videoxogo de boxeo
O coñecido promotor puxilístico Don King apadriñará o xogo de boxeo Prizefighter, que sairá na primavera de 2008 e pretenderá facer un achegamento cun realismo inédito ó deporte das 12 cordas. O novo xogo correrá da man de 2K Sports, a división deportiva de Take-Two Interactive, e chegará ás consolas Xbox 360, Nintendo Wii e Nintendo DS. O presidente da compañía, (...)
Ler máisO esquío Alvin terá película e videoxogo este mes
O vindeiro 21 de decembro a serie de animación de Alvin y las Ardillas terá unha adaptación á pantalla grande na que un Jason Lee de carne e oso convive cuns esquíos cantantes xerados en 3D que non se quedarán nas salas de cine, senón que tamén invadirán as pantallas das consolas PS2, Nintendo DS, Wii e mesmo para PC a través un videoxogo baseado na película e (...)
Ler máis0 | ... | 7040 | 7050 | 7060 | 7070 | 7080 | 7090 | 7100 | 7110 | 7120 | ... | 7350
