Artigos desta sección
Varios xogos de Sega se poden descargar de balde para o móbil a cambio de publicidade
Os xogos para móbiles son un grande negocio no que tamén entran as grandes franquicias de máquinas recreativas e consolas, pero as webs GameJump e Gjmp.tw están a servir para publicar xogos, achegados polo distribuidor de contidos Greystripe , de balde, a cambio de publicidade (advertindo que estes anuncios se descargan mediante conexións de datos que si (...)
Ler máisNintendo estrea WiiWare nos EE.UU.
Nintendo finalmente estreou nos EE.UU. a súa canle de descargas de software para a súa consola doméstica, WiiWare, que abre a porta a pequenos desenvolvementos para a Nintendo Wii, no que parece a resposta ao Xbox Live Arcade de Microsoft, e que comeza con 6 xogos: Final Fantasy Crystal Chronicles: My Life as a King, LostWinds, Defend Your Castle, Pop, (...)
Ler máisO clásico Pitfall ábrese paso na Wii
En 1982 os usuarios da consola Atari 2600 toleaban polo xogo Pitfall, que permitÃa manexar a unha especie de Indiana Jones a través dun perigoso percorrido no que evitar obstáculos e o ataque de animais salvaxes, no que foi un dos primeiros xogos de plataformas, sendo especialmente lembrado por permitir superar lagoas con crocodilos valéndose dunhas lianas. (...)
Ler máisO Hulk vermello estará dispoñible nunha versión exclusiva do xogo para Xbox 360
Coa pelÃcula estival chegará ás tendas de videoxogos un novo tÃtulo de Hulk do que xa falamos hai un par de meses, e que está a sorprender por unha orixinal edición especial que se vende en exclusiva a través da tenda en liña GameStop por 59,99 dólares (38,83 euros) e que permite empregar unha versión vermella de Hulk dende un principio (non se trata dun contido (...)
Ler máisLa Momia 3 terá xogo para PS2, DS e Wii
Coincidindo coa chegada ás grandes pantallas da nova pelÃcula da saga de La Momia chegará á PlayStation 2, Nintendo DS e Wii o xogo La Momia: La Maldición del Dragón, que nos permitirá meternos na pel de Rick O’Connell (Brendan Fraser na pelÃcula) e o seu fillo Alex (Luke Ford) percorrendo China ou o Himalaia para rematar enfrontándonos co Emperador Dragón (...)
Ler máisFX Interactive distribuirá WorldShift en España
FX Interactive está a anunciar o desenvolvemento de WorldShift, un novo xogo do creador de Tzar, e que supón o paso definitivo para que a estratexia en tempo real conquiste o mundo en liña, pois este xogo permite introducirse nun mundo de alxubes e dragóns onde o reto é sobrevivir. O usuario poderá personalizar o seu escuadrón de elite (que evolucionará (...)
Ler máisA colaboración entre Spielberg e EA dá o seu froito: Boom Blox
Steven Spielberg está a colaborar con Electronic Arts na creación de videoxogos, e o seu primeiro produto é Boom Blox, que está moi afastado do que nos ten afeitos o cineasta, pois se trata dun orixinal xogo para Nintendo Wii inspirado en jenga (xogo consistente na retirada de pezas dunha torre sen que caia) que destaca polos seus gráficos simpáticos e se (...)
Ler máisO GTA IV superou os 500 millóns de dólares en vendas durante a súa primeira semana
O Grand Theft Auto IV está a satisfacer todas as expectativas, e o seu lanzamento xa se converte nun dos máis fortes da historia superando os 500 millóns de dólares na súa primeira semana grazas a que colocou uns 6 millóns de copias, superando con bastante marxe ao lanzamento de Halo 3 (que xuntara nun primeiro momento 300 millóns de dólares) e quedando á par (...)
Ler máisId Software comeza a produción de Doom 4
A finais de 1993 o xogo Doom supuxo toda unha revolución no xénero de acción en primeira persoa e iniciou unha saga que parecÃa rematar en 2004 con Doom 3 e mesmo inspirou unha pelÃcula en 2005, pero parece que se resiste a abandonar as pantallas dos nosos ordenadores e consolas de videoxogos, pois Todd Hollenshead de Id Software vén de confirmar que van a (...)
Ler máisA PSP superou en vendas á Wii e á DS xuntas grazas a un xogo
As consolas de Nintendo son as lÃderes mundial, arrasando tanto nas portátiles coma nas domésticas, pero durante o pasado mes de abril aconteceu algo rechamante no Xapón, pois a PSP de Sony vendeu máis unidades que a Nintendo DS e a Wii xuntas cun total de 380.000 unidades colocadas, mentres que as de Nintendo venderon 170.000 e 187.000 consolas (...)
Ler máis0 | ... | 6890 | 6900 | 6910 | 6920 | 6930 | 6940 | 6950 | 6960 | 6970 | ... | 7350
