Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Confírmase que a Switch 2 ten unha película protectora na súa pantalla

Este xoves chega ás tendas a Nintendo Switch 2, e xa hai quen se molestou en botar unha ollada ao seu manual de seguridade, que recolle un detalle moi importante que pode lembrarnos ao que aconteceu no seu día cos smartphones Samsung Galaxy Z Fold: a pantalla integra unha película (...)

Ler máis

As Tartarugas Mutantes terán xogo de VR o ano que vén

Cortopia Studios, creadores de Gorn 2, veñen de anunciar Teenage Mutant Ninja Turtles: Empire City, un novo xogo en realidade virtual que promete poñer aos xogadores dentro das coirazas das Tartarugas Mutantes para vivir como elas baixo as rúas de Nova York. O título, previsto para 2026, chegará ás plataformas Meta Quest e Steam VR e xa pode engadirse á (...)

Ler máis

Un novo xogo amplía o universo de Elden Ring

Hoxe é a data na que se fai realidade Elden Ring Nightreign, un xogo spin-off do aclamado Elden Ring de FromSoftware que vendeu máis de 28,6 millóns de copias mundialmente. Aínda que o xogo ten complicado repetir o éxito ao non ser unha secuela, senón un xogo independente de acción, supervivencia e cooperativo multixogador ambientado nunha nova terra dentro do (...)

Ler máis

A revista MicroHobby volve tras 33 anos

En 1984 a editorial HobbyPress soubo atopar un nicho de mercado no emerxente mundo dos ordenadores persoais de 8 bits creando a revista MicroHobby, que grazas ao pulo do sector tiña un ritmo de publicación frenético, comezando como revista semanal, aínda que tras 160 números reducir a periodicidade a quincenal para pasar a ser mensual na súa última etapa. (...)

Ler máis

GeForce NOW estrea aplicación para Steam Deck

O sistema de xogos en streaming de nVIDIA, GeForce NOW, estrea compatibilidade oficial con Steam Deck a través dunha nova aplicación, de xeito que os usuarios do servizo poden gozar de máis de 2.100 títulos dende a nube coa calidade dunha gráfica nVIDIA GeForce RTX.

Ler máis

CD Projekt xa traballa na secuela de Cyberpunk 2077

O estudio de videoxogos polaco CD Projekt vén de presentar os seus resultados económicos para o primeiro trimestre de 2025, onde lembran detalles como que o 5 de xuño lanzarán a versión definitiva de Cyberpunk 2077 para Nintendo Switch 2 e aseguran que a expansión de tal xogo coñecida como Phantom Liberty superou os 10 millóns de copias vendidas, aproveitando (...)

Ler máis

EA cancela o xogo de Black Panther e pecha Cliffhanger Games

Electronic Arts (EA) vén de cancelar o videoxogo de Black Panther e, con el, anunciou o peche do seu estudio de desenvolvemento Cliffhanger Games (ambos presentados en sociedade hai menos de dous anos). A nova foi adiantada por IGN, que tivo acceso ao correo interno enviado por Laura Miele, presidenta de EA Entertainment, ao persoal da (...)

Ler máis

A industria española do videoxogo pide un maior apoio institucional

A Asociación Española de Empresas Produtoras e Desenvolvedoras de Videoxogos e Software de Entretemento (DEV) presentou a undécima edición do Libro Branco do Desenvolvemento Español de Videoxogos, un informe de referencia que radiografía o estado actual da industria do videoxogo en España. O documento, elaborado con datos achegados por 815 estudios activos, (...)

Ler máis

Volven os Days of Play con xogos e descontos

A edición 2025 de Days of Play arrinca oficialmente o mércores 28 de maio e prolongarase ata o 11 de xuño ás 23:59, campaña global que pretende homenaxear a comunidade de xogadores de PlayStation cunha intensa quincena de novidades e descontos para os subscritores de PlayStation Plus e o público en (...)

Ler máis

Xa podemos engadir á nosa listaxe de desexados o xogo galego After Juice: Animal Disco Mafia

A pasada fin de semana o estudio de videoxogos galego Virtual Seed estivo presente na feira ExpOtaku para amosar ao público o seu traballo en curso, o xogo After Juice: Animal Disco Mafia, unha aventura gráfica con moito humor protagonizada por animais antropomorfos nunha noite de xoves (...)

Ler máis

0 | ... | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade