Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

God of War terá unha nova entrega protagonizada por Faye

Sony pechou o seu último evento State of Play cun dos anuncios máis destacados dos últimos anos para PlayStation: God of War Laufey, a nova entrega principal da popular saga desenvolvida por Santa Monica Studio. O título chegará a PlayStation 5, aínda que polo momento non conta cunha data de lanzamento (...)

Ler máis

Ábrense as reservas de Marvel: Lobezno

Insomniac Games aproveitou o último State of Play para amosar en profundidade Marvel: Lobezno, a súa nova aventura de acción para un xogador protagonizada por Logan. O título, desenvolvido en colaboración con Marvel Games, confirmou tamén a súa data de lanzamento para PlayStation 5: o 15 de setembro de (...)

Ler máis

Luna incorpora esta semana un novo xogo de Masters of the Universe

Amazon anunciou a actualización de contidos de xuño para Luna, o seu servizo de xogo na nube, coincidindo coa proximidade do Prime Day e co inicio da tempada estival. A plataforma incorpora novos títulos ao catálogo incluído coa subscrición Prime, suma 15 xogos descargables para PC e ofrecerá un desconto do 43 % no mando Amazon Luna Controller durante o evento (...)

Ler máis

Fable adía o seu lanzamento

Unha das franquías máis queridas de Xbox, Fable, leva bastante tempo fraguando o seu relanzamento da man de Playground Games (responsables de Forza Horizon) e aínda que hai poucos meses aseguraban que o novo Fable chegaría a Xbox Series X|S, PS5 e PC no outono, o lanzamento farase agardar, para non coincidir cos grandes lanzamentos que chegarán despois do (...)

Ler máis

The Witcher 3 prepárase para a súa nova expansión con descontos do 80%

O anuncio de que The Witcher 3: Wild Hunt vai recibir unha nova expansión en 2027 para PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5 está a facer que o título lanzado en 2015 volva estar no punto de mira e dende CD Projekt Red quixeron aproveitar o momento para impulsar as súas vendas con descontos do 80% nas tendas dixitais de PlayStation, Xbox e PC (...)

Ler máis

Call of Duty chega a Switch 2 e di adeus a PS4 e Xbox One

O equipo de Call of Duty confirmou oficialmente o lanzamento de Call of Duty: Modern Warfare 4, nova entrega da saga bélica de Activision que estará dispoñible o 23 de outubro de 2026 para Xbox Series X|S, PlayStation 5, PC e Nintendo Switch 2. O xogo abandona definitivamente as consolas da anterior xeración, polo que non contará con versións para (...)

Ler máis

The Witcher 3 terá unha nova expansión

Mentres o público agarda con inquedanza máis información sobre The Witcher 4 (xogo do que só puidemos ver unha demo técnica) dende CD Projekt Red sorprenden anunciando Songs of the Past, unha terceira expansión para o videoxogo de 2015 The Witcher 3: Wild Hunt, que chegará o ano que vén a PlayStation 5, Xbox Series X|S e (...)

Ler máis

A Steam Deck dispara o seu prezo

A actual crise de abastecemento de memorias levou a que Valve tivese problemas para lanzar as súas futuras Steam Machines (que aínda seguen sen fixar a súa data e prezo de lanzamento) e deixase de reabastecer unidades da súa célebre Steam Deck. Pero finalmente decidiron volver a pór á venda a Steam Deck, cunha actualización de prezo para sufragar o incremento (...)

Ler máis

PlayStation Plus suma en xuño Grounded, Nickelodeon All-Star Brawl 2 e Warhammer 40.000: Darktide

Sony anunciou os xogos mensuais que se incorporarán en xuño ao servizo PlayStation Plus: Grounded Fully Yoked Edition, Nickelodeon All-Star Brawl 2 e Warhammer 40,000: Darktide. Os tres títulos estarán dispoñibles para todos os subscritores de PlayStation Plus entre o 2 de xuño e o 6 de (...)

Ler máis

Zara rende homenaxe á PSP

Durante os últimos anos Zara sorprendeu comercializando diferentes produtos ligados á marca PlayStation, como unhas zapatillas deportivas cun deseño bastante polarizante, unha faldriqueira, varias bandoleiras con forma de mando e incluso uns botíns, pero nesta ocasión están a conseguir certa viralidade coa bandoleira (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade