Unha produtora pornográfica denuncia a PornoTube

mércores, 12 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Se YouTube e outros servizos de vídeo a través da Internet teñen que facer fronte a demandas da Industria audiovisual, agora son as súas réplicas pornográficas as que se ven ameazadas legalmente, pois a produtora Vivid Entertainment Group demandou a PornoTube por utilizar “avances tecnolóxicos coa intención de infrinxir o copyright” pois a facilidade coa que se pode acceder a contidos para adultos neste tipo de páxinas web ocasiona importantes perdas a empresas coma Vivid.
O máis sorprendente da reacción de Vivid é que non se protexe de PornoTube argumentando a DMCA (lei que protexe o copyright nos EE.UU.) senón que fai uso do código 2.257, que serve para protexer ós menores mediante unha curiosa medida que obriga ós produtores a manter un rexistro cos actores das películas no que figuren as súas idades. PornoTube non controla que os individuos que aparecen nos seus vídeos sexan maiores de idade, e no caso de que controlase tal, estaría claro que tamén coñecería as posibles violacións de copyright dos contidos.
Dende Vivid aseguran que atoparon ducias de violacións do seu copyright en PornoTube, e coa denuncia pretende que AEBN (empresa responsable de PornoTube) sexa consciente dos feitos para que reformule os seus servizos de vídeo na web. Os avogados da produtora agardan que o conflito se solucione nun xuízo con xurado e poderían chegar a pedir unha indemnización de 4,5 millóns de dólares, xa que a lei estipula que cada infracción consentida do copyright se penaría cunha sanción de 150.000 dólares.
A industria pornográfica estima que entre o 80 e o 85% do porno que hai na Rede é pirata, o que supón unhas importantes perdas para un mercado que move uns 50.000 millóns de dólares.

PUBLICIDADE