Unha app axuda a atopar traballo dende o móbil
xoves, 11 de xullo do 2013
En
2012 inaugurábase o portal Perfilempleo.es,
unha web de busca de traballo creada por Marcos Cuesta, un
desempregado que mediante esta páxina axudaba aos desocupados a
atopar traballo ou a cambiar o seu posto de emprego a través dun
servizo de notificacións en tempo real no intre no que as empresas
consultaban o curriculum vitae
(CV) dun candidato en cuestión. Emporiso, o devandito espazo -que
recibe máis de 30.000 visitas ao dÃa- vén de lanzar unha nova app que fai máis doada a procura de
emprego a través dos dispositivos móbiles en Android e iPhone.
Esta
aplicación permite a confección do currÃculo, asà como a
inscrición a ofertas de emprego e o seguimento das ofertas
inscritas, desde calquera lugar e en calquera intre. Cómpre subliñar
que a novidade desta achega está en que, coa soa confección dos
seus currÃculos, o candidato recibirá unha notificación no seu
móbil cada vez que unha empresa busque a alguén co seu perfil.
A
app pode
descargarse desde Google Market; unha vez instalada, o usuario
rexÃstrase e elabora os seus currÃculos. Perfilempleo.es
cruza as inscricións coas ofertas de emprego e os CV dos candidatos
e a partir de aquÃ, cando a plataforma atopa unha oferta de emprego
que coincide coa caracterÃsticas do candidato, este é avisado
mediante unha notificación (como o fai WhatsApp coas mensaxes
novas). O resultado é que os candidatos poderán atopar de maneira
doada traballo sen ter que desprazarse e, do mesmo xeito, as empresas
poderán atopar ao candidato axeitado.
Informar
que Perfilempleo.es permite ás empresas publicar as dúas primeiras
ofertas de xeito gratuÃto e, despois, o custo de publicación é de
75 euros. AÃnda que tamén se ofrece unha tarifa de publicación de
ofertas ilimitadas por menos de 200 euros ao mes.
Co
lanzamento desta nova app, Perfilempleo.es agarda chegar a
máis de 50.000 descargas en 2013, cifra que poderÃa medrar a finais
de ano cando se lance a versión internacional da app.
