TruthGPT será a alternativa de Musk a ChatGPT
martes, 18 de abril do 2023
- Barack Obama e Elon Musk en cabo Cañaveral en 2010
Tras saberse da compra
de 10.000 gráficas e da fundación de X.AI por parte
de Elon Musk chega un comentario do
empresario asegurando que «o que precisamos é TruthGPT», dando a entender
que xa está a traballar nunha alternativa a ChatGPT, o que confirmou
nunha entrevista para Fox News.
Musk comentou ao xornalista Tucker Carlson que TruthGPT será «unha intelixencia
artificial de busca da verdade que procure entender a natureza do universo» ao
que engadiu que pensa que dese xeito a intelixencia artificial non aniquilarÃa
a humanidade porque «somos unha parte interesante do universo».
As declaracións de Musk teñen un claro nesgo, pois recoñece que abandonou ChatGPT
ao non poder controlar a entidade que o desenvolveu, e agora que quere crear unha
alternativa emprega argumentos como que hai que pór freos á intelixencia
artificial porque «é tan perigosa como as armas nucleares» e incluso asegura
que ChatGPT está programado por expertos de esquerdas que adestran aos
chatbots para mentir, como un xeito de controlar aos cidadáns estadounidenses.
Para reforzar os seus argumentos Elon Musk asegura que «a única xuntanza que
tiven con Obama como presidente non a usei para promover a Tesla ou a SpaceX,
senón para instar a unha regulación da intelixencia artificial», algo extraordinariamente
difÃcil de crer, especialmente se temos en conta a grande dependencia de ambas
empresas de fondos estatais, asà como do feito de que nunca antes comentase
nada sobre o tema.