Terras de Pontevedra lanzará aplicación móbil de arte rupestre
luns, 24 de xullo do 2017

- O pleno da Mancomunidade nunha imaxe de Mónica Patxot
A mancomunidade Terras de
Pontevedra vén de presentar a súa folla de ruta para os meses
vindeiros. O obxectivo fundamental? Visualizar
ante o mundo este destino turÃstico e promovelo como destino de
primeira liña. Unha das principais actuacións
do plan (fortalecido trala sinatura dun convenio coa Xunta por valor
de 104.915 euros) será a implantación e desenvolvemento de novas
tecnoloxÃas dirixidas á información e á comunicación avanzada
cos viaxeiros e visitantes. AsÃ, nun plano máis concreto,
deseñarase unha aplicación de arte rupestre dirixida ao público
familiar, actualizaranse e anovaranse os recursos da páxina web da
mancomunidade (www.terrasdepontevedra.org)
e poranse en marcha diversas accións de mercadotecnia en liña.
A entidade tamén
anunciou que fará fincapé na promoción e comercialización do
destino e dos seus atractivos turÃsticos, convidando a xornalistas,
blogueiros e operadores turÃsticos para viviren experiencias
turÃsticas de tres dÃas e logo mostrar estas estadÃas nas redes
sociais e nas diferentes ferramentas de comunicación tecnolóxica.
Terras de Pontevedra,
como lembraremos, está integrada polos concellos de Pontevedra,
MarÃn, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade e Campo
Lameiro, e está en trámites para incorporarse os concellos de A
Lama e Barro, cos que se busca fortalece este destino turÃstico
galego.
