Telefónica ultima o lanzamento do seu asistente virtual
luns, 9 de outubro do 2017
O ano pasado Telefónica adiantou no XXX Encontro de
Telecomunicacións e EconomÃa Dixital a súa intención
de lanzar unha cuarta plataforma coa
que tomar control dos datos do usuario, formando parte desta tecnoloxÃa o
asistente virtual Aura, que segundo comentan no diario económico Cinco DÃas
revolucionarÃa a atención ao cliente e botarÃa
a andar a primeiros de 2018 en España, Alemaña, Reino Unido, Brasil,
Arxentina e Chile.
Este asistente virtual chegarÃa cunha primeira versión bastante básica que irÃa
evolucionando e incorporando novas prestacións, e nos distintos mercados nos
que vai aplicarse abordarase dun xeito diferente, de xeito que nos paÃses será
unha aplicación móbil a que servirá de canle de acceso, mentres que
noutros casos apostarase por
comunicacións sociais a través de plataformas como LinkedIn ou Facebook Messenger.
Aura non terá custo para o usuario, senón que pretende ser principalmente unha
tecnoloxÃa que mellore a experiencia na súa relación coa compañÃa de telecomunicacións,
que tanto poderÃa axilizar as xestións de acceso a facturas e cambios na
contratación de servizos ata a suxestión de pelÃculas e series de televisión
que ver.
