Telefónica colaborará con Microsoft no lanzamento de Windows Phone 7

venres, 8 de outubro do 2010 Redacción

Julio Linares con Steve Ballmer

Telefónica e Microsoft seguirán afondando na súa relación estratéxica co fin de potenciar a súa oferta comercial conxunta en todo o mundo, con especial foco no inminente lanzamento de Windows Phone 7. No contexto da súa visita a España, Steve Ballmer, CEO de Microsoft Corporation, mantivo un encontro con Julio Linares, conselleiro delegado e COO de Telefónica, Guillermo Ansaldo, presidente de Telefónica España e José María Álvarez-Pallete, presidente de Telefónica Latinoamérica, no que se intercambiaron puntos de vista sobre os últimos fitos na xa dilatada relación estratéxica que une ás dúas compañías, con especial atención aos plans para o inminente lanzamento de Windows Phone 7 en España, no que Telefónica xogará un importante papel. Windows Phone 7 revoluciona o concepto tradicional de teléfono intelixente ou smartphone para axudar ás persoas a consumir datos, información e servizos na Web dun xeito moito máis sinxelo e eficiente.
Ambas as dúas compañías aproveitaron a reunión para afondar na identificación de liñas estratéxicas de negocio conxuntas na área da IPTV, así como no campo do cloud computing. Por último, Steve Ballmer compartiu cos responsables de Telefónica algunhas experiencias de Microsoft en proxectos de transformación tecnolóxica noutros clientes do sector das telecomunicacións en todo o mundo.

PUBLICIDADE