Tecnópole mellora un ano máis o grao de satisfacción das súas empresas
martes, 25 de outubro do 2011

- Entrada principal do Edificio CEI da Tecnópole
As empresas e entidades situadas en Tecnópole,
Parque Tecnolóxico de Galicia, manifestaron un grao medio de satisfacción de
4,28 sobre 5 en relación a todos os servizos e prestacións obtidos en relación
á súa presenza no recinto. Esta puntuación supón unha leve mellorÃa con
respecto á rexistrada en 2010, de 4,21 puntos.
O aspecto mellor valorado é a seguridade no
recinto, seguido moi de preto polo servizo que presta a Oficina de Proxectos e
a proxección pública a nivel de imaxe que proporciona a presenza en Tecnópole,
considerada polas empresas como un valor comercial e unha vantaxe competitiva
no mercado.
A interrelación entre as empresas e a situación
estratéxica a nivel xeográfico, xunto coa contorna e a atención do persoal da
sociedade xestora son outros dos aspectos valorados moi positivamente na
enquisa realizada nos últimos meses cun nivel de resposta do 98% das entidades
radicadas no Parque Tecnolóxico de Galicia, o que achega moito ao máximo o grao
de representatividade dos resultados.

- Imaxe dunha xornada técnica organizada na Tecnópole</A>
O resto dos aspectos consultados (calidade das
instalacións, servizos xerais, actualización continua da información,
comunicacións e asesoramento) foron destacados puntualmente polas empresas.
En relación ao cumprimento de expectativas sobre a
localización en Tecnópole, o 84% das empresas consultadas responderon
afirmativamente, aÃnda que o 11% deixaron esta pregunta sen contestar, polo que
a porcentaxe de incumprimento de expectativas redúcese ao 5%.
A sociedade xestora de Tecnópole marcouse como
nota de corte o 3,5, o que quere dicir que se algún dos indicadores analizados
non chegaba a ese mÃnimo tomarÃanse as medidas correctivas oportunas. AÃnda que
iso non ocorreu en ningún dos aspectos sobre os que se consultou ás empresas,
actuarase sobre os que rexistraron as valoracións máis baixas.
A enquisa complétase coa recollida de suxestións e
recomendacións nas que Tecnópole basea desde sempre unha parte importante das
súas medidas para a mellora continua dos servizos que presta ás empresas e
entidades radicadas no seu recinto.
