Smart Weekend concentrou a medio milleiro de afeccionados á informática
luns, 9 de xuño do 2014
A pasada fin de semana desenvolveuse a primeira edición da
LAN Party Smart Weekend no Coliseum da Coruña,
encontro que colle o relevo da Arroutada Party (que cesou tras 19 anos de
actividade) e serviu en boa medida para calmar a ansia de centos de seareiros
deste tipo de actividades que este ano quedaron sen a habitual celebración de
Xuventude Galicia Net.
Tres dÃas seguidos de actividade en rede, con retos de desenvolvemento
informático, torneos de videoxogos, obradoiros e moita convivencia entre
apaixonados á informática, que sumaron preto de quiñentas inscricións, sentando
os alicerces para un evento con vocación de continuidade.

- Os responsables da axenda cultural Vivir na Coruña recibiron un recoñecemento polo seu traballo durante a celebración do Smart Weekend
Os participantes puideron conectarse a unha rede de alta velocidade coa que acceder á Internet e interactuar entre os presentes de xeito local, pero o Coliseum non se limitou á LAN Party pura, senón que tamén acolleu unha nova edición de Betabeers Galicia, unha mesa redonda sobre blogging 2.0 e incluso unha entrega de premios aos proxectos máis innovadores orientados a converter A Coruña nunha cidade máis eficiente, que recaeron en Situm Technologies (Cristina Gamallo e Adrián Canedo) polo seu proxecto de Museos Intelixentes, a axenda cultural de Vivir na Coruña (LucÃa Pita e Daniel Fernández) e o proxecto de Gestión de la felicidade urbana (Óscar Blanco).

- O Coliseum contou cunha rede de alta capacidade para facilitar as actividades en rede dos seus participantes

- As xornadas destacaron polo bo ambiente de convivencia

- A actividade durante Smart Weekend non cesou nin a altas horas da noite

- Os equipos informáticos rechamantes non faltaron nesta primeira edición de Smart Weekend

- Os videoxogos son un dos pratos fortes neste tipo de encontros
