Santiago acolleu un Innovation Day dos nosos enxeñeiros industriais
luns, 15 de abril do 2019
A
delegación de Santiago de Compostela do Colexio
Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) celebrou
hoxe unha xornada de traballo sobre tecnoloxÃas da nosa terra con
potencial para impulsar e modernizar todo tipo de iniciativas de
mercado. O workshop, que se celebrou baixo o epÃgrafe
#innovationday, contou coa presenza de representantes de empresas e
institucións da cidade e contorna, que presentaron os seus últimos
avances no sector. A actividade, segundo salientou o ICOIIG, resultou
un éxito entre os participantes.
Trátase
dun evento que forma parte da Oficina de Transformación Dixital
(OTD), que a entidade profesional galega desenvolve en colaboración
co Ministerio de EconomÃa e Empresa.
Entre
os participantes da xornada atopábanse Adali Morales, en
representación de Feiraco Clun, Sebastián Pantoja, en
representación de Televés, Juan MartÃn, en representación de
Situm Technologies, Almudena Hospido, do grupo de BiotecnoloxÃa da
Universidade de Santiago (Biogroup) e Diego Mata (Moonoff); tamén
interviñeron Pablo Fernández Soneira, en representación do Centro
Tecnolóxico da Automoción de Galicia CTAG, asà como o decano do
ICOIIG, Oriol Sarmiento DÃez, e o seu representante en Santiago,
Fernando Blanco Silva.
