Santiago acolle unha xornada de xestión da crise mediante as TIC

martes, 15 de xullo do 2008 Raquel Noya

A empresa CCS Agreso, filial española do grupo Unit 4 Agresso e fabricante nacional de solucións de xestión empresarial, vén de convocar a I Xornada de Portas Abertas, As solucións de Xestión Tecnolóxica como ferramenta para afrontar a crise, que se está a celebrar no Hotel Porta do Camiño en Santiago de Compostela.
Este evento vai dirixido tanto para empresas privadas como para Administracións Públicas e nel, estase a presentar a tecnoloxía como unha ferramenta potente para facerlle fronte á crise.
Entre os relatores convidados atópanse, entre outros, o conselleiro delegado da compañía, José Miguel Sánchez mailo director xeral, Juan Antonio Fernández, que ofrecen unha visión renovada sobre o mercado do software en España.
Asemade, outros convidados ao evento, tratarán o tema das solucións de xestión para pequenas e medianas empresas, as claves para que estas últimas poidan rendabilizar os periodos de crise e as novas tecnoloxías como alternativa á hora de xestionar os malos periodos.

PUBLICIDADE