Preséntase o Libro da Administración Electrónica da Xunta de Galicia
luns, 11 de abril do 2011
O conselleiro de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso
Rueda, presentou esta mañá o Libro da Administración Electrónica da Xunta de
Galicia, acompañado pola secretaria xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica, Mar Pereira, e o presidente o Colexio de Enxeñeiros en
Informática de Galicia (CPEIG), Fernando
Suárez Lorenzo, quen coordinou a publicación dirixida por Rafael A. Millán
Calenti, profesor de Dereito Mercantil na USC e letrado da Xunta de Galicia.
Na obra participan un gran abano de profesionais da Administración autonómica e
local que realizan achegas de carácter xurÃdico, técnico e organizativo sobre o
Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da
Administración electrónica na Xunta de Galicia e nos seus organismos
dependentes. A publicación enmárcase no convenio de colaboración subscrito
entre o CPEIG e a SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
Trátase dunha obra de
carácter ilustrativo, cun enfoque didáctico e eminentemente práctica. As
anotacións e comentarios ao decreto perseguen o obxectivo de aclarar conceptos,
termos e expresións ao uso cando se trata de aplicar a informática aos
procedementos administrativos. O libro é unha ferramenta axeitada e
complementaria para o apoio á implantación real da Administración electrónica
na nosa Comunidade.

- Alfonso Rueda, Mar Pereira, Carlos Fernández, Rafael Millán e Fernando Suárez participaron na presentación do novo libro
No acto de presentación
do texto, o conselleiro de Presidencia destacou que a boa polÃtica do Goberno
galego en materia de TecnoloxÃas da Información e da Comunicación (TIC) ofrece
mellores solucións e servizos por medios electrónicos aos galegos, ao que
engadiu que co novo Decreto da Administración Electrónica, aprobado
recentemente pola Xunta, a relación electrónica dos cidadáns coa administración
deixa de ser unha posibilidade e convértese nun dereito. Asà mesmo, para o
Goberno galego a posta en marcha de medios para esta relación deixa de ser unha
opción e pasa a ser un deber.
Segundo o conselleiro,
as liñas mestras desta nova normativa consisten en acadar unhas administracións
e un tecido produtivo que actúen e maximicen as súas posibilidades a través das
novas tecnoloxÃas; unha cidadanÃa capacitada para sacarlles o máximo rendemento
e unha infraestrutura tecnolóxica que llo permita en condicións de calidade.
A través deste decreto
garántese aos galegos a posibilidade de tramitar os procedementos a través
dunha sede electrónica e para asegurar a plena validez e seguridade xurÃdica
destes regula os sistemas de sinatura electrónica e de verificación de
autenticidade.
Declaracións do conselleiro de Presidencia durante a presentación do novo libro
