Os Premios MartÃn Códax poderán seguirse en AGalega.gal
luns, 25 de maio do 2026
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a partir das 20:00 horas a décimo terceira gala dos Premios MartÃn Códax da Música, organizada por Músicas ao Vivo para recoñecer e dar visibilidade ao talento musical galego en estilos e formatos moi diversos.
A cerimonia terá como temática as supersticións e estará dirixida pola actriz Tero RodrÃguez, e poderá seguirse en streaming en directo a través de Agalega.gal, plataforma na que tamén será posible ver a gala en diferido.
Estes galardóns, que distinguen cada ano artistas, proxectos e iniciativas que contribúen á creación e difusión da música galega, rexistraron nesta convocatoria preto de 450 inscricións nas 15 categorÃas oficiais, das que temos que destacar a máis ligada co ámbito tecnolóxico, a de Web, que este ano conta como finalistas con Galicia en Concierto, Fogar dos Festivais e A Canle de Rodri MÃguez.
