O vindeiro luns inaugurarase unha exposición sobre a historia da telefonÃa na provincia de Lugo
mércores, 27 de maio do 2026
A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acollerá unha exposición sobre a historia da telefonÃa na provincia, organizada pola Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (Astelu). O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe a mostra xunto a representantes do colectivo impulsor, entre eles o seu presidente, José Luis RodrÃguez.
Baixo o tÃtulo Historia do teléfono na provincia de Lugo, a exposición inaugurarase o vindeiro luns, 1 de xuño, ás 19.00 horas, e poderá visitarse ata o 31 de agosto. A proposta reúne arredor de 80 fotografÃas antigas e unha ampla colección de equipos, documentos e material histórico que permiten facer un percorrido por máis dun século de evolución da telefonÃa na provincia.
Os asistentes poderán ver desde antigos teléfonos de manivela, de magneto ou de disco ata os primeiros dispositivos mans libres e os actuais móbiles intelixentes. A exposición inclúe tamén ferramentas, redes telefónicas, centrais de conmutación, guÃas telefónicas e outras publicacións, ademais dun cartel coa cronoloxÃa da telefonÃa en Lugo.
Entre as pezas máis destacadas atópanse unha guÃa telefónica de Galicia do ano 1930 e unha centraliña rural de 30 liñas, das primeiras que se instalaron na provincia.
Javier Arias salientou o valor divulgativo da iniciativa e puxo en valor o labor desenvolvido por Astelu para conservar e difundir «un patrimonio histórico vinculado á evolución das comunicacións e que forma parte da memoria colectiva da provincia».
