O proxecto galego campusMVP colabora co mercado laboral de Microsoft
venres, 21 de outubro do 2011
campusMVP, o proxecto de formación da viguesa
Krasis, especializada en cursos en liña sobre tecnoloxÃas Microsoft, e
MSEmploy, o portal español de emprego focalizado en ofertas de traballo con
tecnoloxÃas Microsoft, convertéronse en partners
coa sinatura dun acordo entre ambas as empresas que combinará os seus esforzos
para dar resposta a ofertas e demandas de todo interesado en profesionalizarse
no ámbito Microsoft, xa sexa empresa ou candidato. MSEmploy demostra,
asÃ, que só confÃa nun partner de formación consolidado e recoñecido pola comunidade
Microsoft como campusMVP.
Por unha
banda, campusMVP, encargarase de facilitar o acceso á formación a todos aqueles
candidatos que requiran coñecementos especÃficos e certificados sobre
tecnoloxÃas Microsoft. AsÃ, se un candidato non dispón dun currÃculo
especialmente orientado a Microsoft ou se unha empresa necesita formar ao seu
persoal, campusMVP orientaralle para adquirir cursos axeitados á súa área de
especialización, e, mesmo, para obter unha certificación oficial de Microsoft
que o acredite.
Por outra
banda, MSEmploy, que conta para o seu proxecto co apoio directo da propia Microsoft,
centrará a súa actividade en pór en contacto a profesionais Microsoft
Certificados para mellorar a capacidade de entrega de proxectos de Partners e
Clientes Microsoft. AsÃ, ofrece servizos para as empresas (publicación de
ofertas, revisión previa de CV antes o envÃo á empresa...) e para os candidatos
(inserción de CV, ofertas en formación Microsoft, perfÃs máis buscados...).
Entre as vindeiras
actividades organizadas por MSEmploy, e apoiada por campusMVP entre outras entidades,
atópase a celebración da Feira de Emprego FEMBarcelona o vindeiro 25 de
novembro en Barcelona. Baixo a lema ¡Non quedes
parado!, será un punto de encontro entre as empresas, estudantes e
profesionais TIC para axilizar os procesos de recrutamento.
A unión dos
esforzos de campusMVP e MSEmploy favorecerá a aparición dun mercado laboral en
contornas Microsoft máis profesionalizado e con maior movemento de candidatos,
que, indubidablemente, beneficiará a todo o que estea inmerso neste ámbito.
