O portal de Eido Local axudará á mellorar a transparencia dos pequenos concellos galegos
luns, 13 de marzo do 2017
Durante a presentación do informe sobre o estado dos portais
de transparencia nas entidades locais galegas, elaborado pola Rede Localis, un
estudo que se elaborou ao abeiro do convenio asinado o pasado verán entre a Vicepresidencia,
a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Universidade de
Vigo, anunciouse que o Goberno galego vai impulsar novas iniciativas co
obxectivo de seguir mellorando a transparencia dos concellos.
O informe presentando esta mañá en Vigo contén información
dos 313 concellos galegos e constitúe o punto de partida que permitirá trazar n
itinerario para mellorar e facilitar o labor dos concellos en materia de
transparencia. Sinala que un 78% dos concellos galegos contan cun portal de
transparencia e que o tamaño dos concellos condiciona os resultados. Todas as
grandes cidades contan cun portal de transparencia, pero a medida que descende
o tamaño poboacional, as porcentaxes van caendo, ata o 73% dos concellos de
5.000 habitantes ou menos.
O mesmo sucede coa actualización da información: canto máis
pequeno é o concello, menos actualizada está. AsÃ, os concellos de máis de
50.000 habitantes presentan información actualizada nun 86%, fronte ao 32%
daqueles entre 5.001 a 20.000 habitantes e o 42% para aqueles con 5.000
habitantes ou menos.
Todas estas cifras poñen enriba da mesa as dificultades que
a administración local ten que enfrontar para implantar actuacións en materia
de transparencia. Por iso, a Administración galega ten decidido impulsar novas
iniciativas para colaborar coas entidades locais neste sentido.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou que se
vai levar a cabo un
redeseño do espazo de transparencia que existe no portal de Eido Local, co
obxectivo de mellorar e facilitar o seu uso logo do seu primeiro ano de
andadura.
Esta remodelación realizarase en colaboración cos concellos,
aos que se lles pedirá suxestións para adecuar a páxina ás obrigas legais para
o ámbito local; facilitar a publicación de información polos concellos; e facer
unha páxina máis intuitiva e de fácil consulta.
Ademais, nos vindeiros meses tamén se van levar a cabo unha
serie de iniciativas para dar a coñecer o portal, informar a concellos e
cidadáns das súas potencialidades e seguir divulgando a transparencia en xeral,
facendo fincapé no eido local. Para conseguilo, están previstas unhas xornadas
na Escola Galega de Administración Pública; un congreso da Rede Localis, no que
se abordarán os retos das entidades locais ante a transparencia; e a elaboración
dunha GuÃa de utilización do espazo de transparencia para facilitar o seu uso a
toda a cidadanÃa.
