O novo MacBook branco conta cunha autonomÃa de 10 horas
martes, 18 de maio do 2010
Os portátiles máis básicos de Apple, os MacBook con carcasa branca Unibody de policarbonato, veñen de renovarse silenciosamente, actualizando
as súas prestacións cunha importante mellora dos equipos, o que
desafortunadamente afecta ao seu prezo. Deste xeito, os portátiles de Apple
sitúan o seu prezo de partida nos 979 euros, incorporando unha pantalla LED de
13,3 polgadas, un procesador Intel Core 2 Duoa a 2,4 GHz, 2 Gb de RAM, 250 Gb
de disco duro, unidade SuperDrive, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 320M e unha
baterÃa que promete unha autonomÃa de 10 horas, podendo considerarse a este
último elemento como a mellora máis destacable, posto que o modelo anterior
tiña unha autonomÃa de 7 horas).
