O director guardés Xurxo Chirro impulsa un proxecto para preservar o legado visual da súa vila na Rede
venres, 13 de xullo do 2012

- Unha das pezas que nos amosa Socheo: a gran nevada do 1987
O guardés Xurxo Chirro, premiado na última
edición do Play-Doc grazas a Vikingland,
un documental que conta a historia dun mariño mercante galego (O Haia), como sÃmbolo
que recolle unha boa parte dos acontecementos propios da diáspora galega, volve
homenaxear á xente galega do mar no seu novo traballo entre mans: o Proxecto Socheo. Máis polo
miúdo, a
iniciativa serve de recoñecemento á vila da Guarda, a través dunha proposta
para a localización, rexistro, análise e posterior fornecemento do seu legado
audiovisual, un rico patrimonio ata o de agora espallado, obra dos propios
veciños, e que grazas á presenza en liña do proxecto e a canle de seu no
YouTube atopa agora acubillo global e permanente.
O proxecto, cuxo nome fai referencia a un
termo empregado na costa galega para facer referencia á última fase da preamar,
consiste basicamente en convocar a tódalas persoas da Guarda e da súa contorna que
atesouren anacos audiovisuais do pasado da vila e que ademais teñan valor
etnográfico, social, histórico e cultural. Chirro traballa na iniciativa cunha
equipa de profesionais e investigadores cubrindo tódolos elos da cadea: dende
facer o posible para conseguir un material ata a súa posta a disposición da
comunidade, pasando polo proceso de estudo e dixitalización das obras, e todo
sen que isto repercuta economicamente no propietario de cada peza. Arestora, é
posible xa ver máis de 30 vÃdeos sobre a historia da vila pontevedresa e que
cobren case un século da mesma. Para Chirro e o seu grupo de colaboradores, a
iniciativa quere pór de manifesto o potencial dunha das vertentes máis salientables
das novas tecnoloxÃas e servizos da información e a comunicación: o seu
potencial como instrumento preservador do pasado.
