O Realme GT5 Pro sorprende integrando desbloqueo coa palma da man
xoves, 7 de decembro do 2023
Realme
vén de lanzar na China o seu novo móbil insignia, o Realme GT5 Pro, que non se limita
a ter unhas especificacións moi completas a un prezo bastante axustado, senón
que incluso atrévese a innovar incorporando un sistema de desbloqueo baseado na
lectura da palma da man do usuario (asegurando que esta tecnoloxÃa é tan segura
coma o recoñecemento facial).
Amais tamén aproveita o recoñecemento da man para identificar unha serie de
xestos que poden aproveitarse para acceder á listaxe de aplicacións recentes,
mover o cursor, volver á pantalla principal ou facer unha captura de pantalla.
Cómpre salientar que este método de desbloqueo non é exclusivo, senón que tamén
mantén o lector de impresións dixitais baixo a pantalla, polo que podemos
entender que o desbloqueo mediante a palma da man está pensado para situacións nas
que tocar a pantalla pode ser complicado (como cando se teñen as mans
molladas).
O Realme GT5 Pro funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, ata 16 GB
de RAM LPDDR5X, ata 1 TB de almacenamento UFS 4.0, pantalla AMOLED de 6,78
polgadas cunha velocidade de refresco de 144 Hz e un brillo de 4.500 nits, cámara
traseira tripla (cun sensor principal estabilizado de 50 MpÃxeles, un
teleobxectivo cun sensor IMX890 de 50 MpÃxeles e un ultra grande angular de 8
MpÃxeles) e unha baterÃa de 5.400 mAh con carga rápida de 100 watts por cable e
50 watts sen fÃos. Tamén integra un sistema de refrixeración de grande
superficie e certificación IP64 contra o po e a auga.
O Realme GT5 Pro sae á venda cun prezo que parte dos 3.298 iuans (430 euros)
para o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento e chega ata os 4.198
iuans (547 euros) para o modelo con 16 GB de RAM e 1 TB de almacenamento.
