O Proxecto ABALAR mellora a súa accesibilidade
mércores, 25 de xaneiro do 2012

- Captura de pantalla dun equipo do Proxecto ABALAR
A
ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon
a disposición dos centro ABALAR unha versión accesible pensada para atender á
diversidade funcional do alumnado.
AsÃ, e
dentro do proxecto ABALAR, a ConsellerÃa de Educación, en colaboración coa ONCE
e a asociación TADEGa, pon a disposición dos centros educativos unha solución
accesible para o equipamento do alumnado que contempla a diversidade dos
alumnos e alumnas e as súas necesidades.
A ConsellerÃa de Cultura e Educación ven desenvolvendo diversas actuacións en
colaboración coa ONCE e TADEGa para mellorar a accesibilidade do equipamento,
buscando unha resposta educativa válida que contemple a diversidade e respecte
as necesidades de todos os alumnos.
Entre as
actuacións que se están a realizar está a posta a disposición dos centros
educativos dunha solución accesible para o equipamento do alumnado integrada no
deseño Consolidación software ABALAR.
O deseño
está baseado integramente en software libre e sistemas GNU-Linux, incorpora as
mesmas ferramentas educativas accesibles incluÃdas no equipamento do alumnado
en xeral, e aplicacións especÃficas como lectores de pantalla (ORCA), teclado
en pantalla, magnificador (Compiz), lector de audio-libros, conversores
especÃficos, etc.
Na
actualidade esta solución está en funcionamento en doce centros educativos
sendo xa utilizada por alumnos e alumnas con deficiencia ou discapacidade
visual aos que a solución lles permite utilizar o equipamento nas mesmas
condicións que os seus compañeiros de aula.
Actualmente
o proxecto está estudando novas medidas para atender a alumnado con outro tipo
de diversidades funcionais, proceso no que están a colaborar ademais da ONCE e
TADEGa, profesorado e centros educativos nos que se realizan as probas.
Deste xeito
a ConsellerÃa de Cultura e Educación continúa da dar pasos a prol da calidade,
atendendo as necesidades de toda a comunidade educativa.
