O IGE facilita a incrustación de información estatÃtica sobre Galicia en webs e blogs
luns, 7 de novembro do 2011
O
director xeral do Instituto Galego de EstatÃstica (IGE), José Antonio Campo
Andión, acompañado da responsable de Difusión do IGE, Esther López, presentou
o pasado sábado unha ferramenta informática que permite incorporar a
calquera páxina web ou blog a información estatÃstica da comunidade autónoma
actualizada en todo momento. Andión realizou unha demostración práctica de como
funciona este acceso electrónico, explicou que esta ferramenta é posible grazas
aos denominados widgets, pequenas aplicacións que permiten integrar nunha
páxina web información externa copiando unhas poucas liñas de código.
José
Antonio Campo Andión apuntou que a
páxina web do IGE ten na actualidade tres widgets. O primeiro refÃrese aos principais indicadores
económicos de Galicia, que permite levar a calquera páxina web a última
información sobre os datos que serven para seguir a evolución da economÃa da
autonomÃa.
O segundo widget
facilita incrustar gráficos
na web sobre os principais indicadores conxunturais da economÃa galega,
mentes que o terceiro permite facer o mesmo en relación aso datos máis
salientables dun concello.
Se, polo contrario
alguén está interesado en información do seu concello continuamente actualizada
e incrustada na súa web ou blog pode consultar o apartado de principais indicadores
municipais.
Esta iniciativa enmárcase no obxectivo global da Xunta de Galicia de potenciar
a Administración electrónica e asà está recollido no Plan Estratéxico 2010-2014
– Galicia 2020, cun eixe especÃfico dedicado a acadar unha Administración
austera, eficiente e próxima ao cidadán.
