O Honor Magic V3 pechado ten un grosor de só 9,2 milÃmetros
venres, 12 de xullo do 2024
Resulta curioso ver como na mesma semana na que Samsung presenta o seu Galaxy Z Fold6 dende Honor ousan facerlle fronte co seu Magic V3, smartphone encartable que como principal baza contra a súa competencia ten un grosor encartado de só 9,2 milÃmetros (fronte aos 12,1 do Fold6 e os 11,7 do OpenPlus Open).
O Honor Magic V3 presenta unha pantalla OLED encartable de 7,92 polgadas no seu interior, mentres que cando está dobrado pode empregarse como un smartphone ordinario usando a súa pantalla OLED exterior de 6,43 polgadas. Este potente móbil funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, 12/16 GB de RAM e 256 GB/512 GB/1 TB de almacenamento, mentres que a súa cámara traseira tripla conta cun sensor principal de 50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 40 MpÃxeles e un teleobxectivo periscópico de 50 MpÃxeles cun zoom óptico de 3,5x, mentres que a cámara frontal é de 20 MpÃxeles.
Pese ao seu delgado deseño, integra unha baterÃa de 5.150 mAh con carga rápida de 66 watts mediante cable (50 watts sen fÃos) e o seu peso é de 226 gramos. Tamén conta con resistencia á auga IPX8.
O seu prezo en China é de entre 8.999 e 10.999 iuans (1.138 e 1.391 euros ao cambio) en función da súa configuración, descoñecéndose o prezo co que chegará a España, onde actualmente podemos atopar o Honor Magic V2 con 16 GB de RAM e 512 GB de capacidade por 1.169,10 euros.