Novos produtos FE de Samsung
martes, 3 de outubro do 2023
Dende hai un
tempo o fabricante surcoreano Samsung comercializa versións económicas dos seus
produtos insignia, as chamadas Fan Edition (FE), e aÃnda que o principal
produto desta liña era o smartphone da serie S, desta volta decidiron presentar
de vez tamén un par de tabletas e uns auriculares, todos co sufixo FE, como
unha alternativa competente, pero cun prezo máis axustado, aos produtos estrela
da marca.
O Samsung
Galaxy S23 FE vén a ser un smartphone cunah pantalla Dynamic AMOLED 2X de
6,4 polgadas, un procesador de 8 núcleos, 8 GB de RAM, 128/256 GB de
almacenamento interno, cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles
(e un teleobxectivo óptico de 3x e 8 MpÃxeles), cámara frontal de 10 MpÃxeles,
baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida de 25 watts por cable e Fast Wireless
Charging 2.0, 5G, Wi-Fi 6E, Bluetoth 5.3 e mesmo resistencia á auga e ao po IP68,
deixando claro que estamos ante un smartphone moi completo, que nos EE.UU.
sairá á venda a un prezo que partirá dos 599 dólares (a información sobre o
lanzamento en España aÃnda non se coñece).
As tabletas que presentou Samsung serÃan as Galaxy Tab S9 FE
e S9 FE+, sendo a máis modesta a FE, cunha pantalla de 10,9 polgadas, 6/8
GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento, cámara traseira de 8 MpÃxeles e cámara
frontal de 12 MpÃxeles, altofalantes estéreo, Pen, baterÃa de 8.000 mAh con carga rápida de
ata 45 watts e resistencia IP68, mentres que o modelo FE+ incremente a súa
pantalla ata as 12,4 polgadas, está equipada cunha cámara traseira dual, a súa
configuración de RAM é de 8/12 GB e a súa baterÃa ten unha capacidade de 10.090
mAh. O prezo de saÃda destas tabletas é de 449 dólares.
Para completar a colección temos os novos Galaxy Buds
FE, uns auriculares cuns graves potentes e un son rico, que integran
cancelación activa de ruÃdo e efecto de son ambiental, asà como tamén conta con
tecnoloxÃa de intelixencia artificial para separar a voz do ruÃdo de fondo e
asà conseguir unhas chamadas máis nÃtidas. A súa autonomÃa é de ata 8,5 horas
de reprodución musical cunha única carga (ata 30 horas se contamos o estoxo de
carga), reducÃndose a autonomÃa ata as 6 horas de reprodución empregando a
cancelación activa de ruÃdo. Chegarán ao mercado a un prezo de 99 dólares, polo
que serán unha boa opción para os que busquen uns auriculares de calidade sen
ter que realizar un investimento elevado, e coa vantaxe de que conviven moi ben
co ecosistema de produtos de Samsung.
ACTUALIZACIÓN (4-10-2023): Samsung confirmou a venda española das tabletas Samsung Galaxy Tab FE a partir do 5 de outubro a un prezo que parte dos 539 euros e dos auriculares Galaxy Buds FE a partir do 6 de outubro a un prezo de 109 euros, mentres que dos smartphones Samsung Galaxy S23 FE non concretar unha data de lanzamento.
