Novo rato altamente personalizable

martes, 24 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O OCZ Eclipse permite incluso axustar o seu peso

OCZ Technology lanzou un par de novos ratos con cable pensando en xogadores de PC, dos que destacamos o OCZ Eclipse, que é un rato láser con memoria integrada que permite a súa programación para o uso de atallos programados dos que podemos gardar varios perfís distintos. O rato é moi cómodo e ergonómico, o seu peso é axustable mediante a colocación de 4 pesos metálicos, e incluso a súa sensibilidade pode axustarse en vivo a través dunha aplicación software que deixa cambiar entre os 100 e os 2.400 puntos por polgada (para adaptalo a distintas velocidades en contornos de xogo).
Aínda non ten un prezo fixado e unha data de lanzamento, pero supomos que chegará ás tendas en breve, resultando realmente agradable ver cómo un dispositivo que nun principio parecería algo limitado, dá tantas posibilidades de personalización.