Novo auricular Bluetooth de Bose con cancelación de ruído

xoves, 3 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os equipos de son de Bose son toda unha garantía de calidade, e decidiron trasladar o seu éxito aos móbiles cun novo auricular Bluetooth que mide 1,9 x 4,6 x 3,2 centímetros, pesa 12 gramos, inclúe unha súa funda StayHear (incluíndose en 3 tamaños para utilizar a que mellor se adapte ao ouvido) de xeito que evítase o uso dun gancho para a orella e, especialmente, conta coa tecnoloxía Adaptative Audio Adjustment, que apoiándose permite que escoitemos a voz do noso interlocutor en primeiro plano incluso en ambientes ruidosos, á vez que no outro lado da liña tampouco escoitan o ruído ao noso redor (grazas a un micrófono para a cancelación de ruído).

A funda StayHear facilita o axustre do auricular na orella sen precisar dun incómodo gancho

O auricular Bluetooth de Bose é especialmente doado de utilizar, con botóns independentes para o acendido/apagado, volume e resposta/finalización, situados nas partes superior e inferior do auricular, que permiten o uso das distintas funcións cunha soa man. Tamén destaca pola súa elevada autonomía de 175 horas en espera e 4,5 horas en conversa. De indicarse algún defecto deste excelente produto teriamos que falar inevitablemente do seu prezo, de 200 euros, que sitúa este accesorio lonxe do alcance de moitos petos.