Novo Apple Pencil con carga por USB-C
martes, 17 de outubro do 2023
Cando o ano
pasado Apple renovou o iPad básico incorporándolle conexión USB-C confundiu
enormemente aos consumidores non renovar simultaneamente o Apple Pencil de
primeira xeración con conector Lightning, de xeito que a carga do lapis
directamente coa tableta era algo incómodo por precisar dun adaptador.
Hoxe Apple estrea un novo
Apple Pencil, e en vez de corrixir o erro anterior, complica aÃnda máis a
situación, de xeito que agora temos un novo Apple Pencil básico, con conexión
USB-C, pero con diferentes prestacións que o Apple Pencil de primeira xeración,
xa que perde a sensibilidade á presión (algo que moitos profesionais consideran
imprescindible) e gaña o acople magnético (ou sexa, que pode adherirse a un
lateral da tableta para evitar perder o accesorio, aÃnda que sen contar con
carga nesa posición, como si acontece no Apple Pencil de segunda xeración).
Temos asà que o novo Apple Pencil serÃa o máis básico de todos, pero tamén o
máis económico, xa que poderemos
mercalo a primeiros de novembro a un prezo de 95 euros, mentres que o Apple
Pencil de primeira xeración custa 119 euros e o de segunda xeración 149 euros.

- O novo Apple Pencil pode cargarse por USB-C e conta con acople magnético
