Artigos desta sección
Polémica renovación da web de Periodista Digital
Peridista Digital, o popular proxecto dos irmáns Alfonso e David Rojo, que resultara moi polémico no pasado polo seu abuso do dereito de cita para replicar información doutros medios e que actualmente é xa unha publicación cun carácter propio e diferencial, renovou o pasado día 12 a aparencia da súa web, coincidindo co lanzamento dunha rede de diarios dixitais (...)
Ler máisSingapur terá conectividade Wi-Fi de balde
A creación de redes de conectividade sen fíos en grandes cidades está en auxe, con experiencias en San Francisco, Filadelfia, Taipei e mesmo Zaragoza, e agora inician o programa Wireless@SG que achegará o acceso á Rede a través de Wi-Fi a todo Singapur, permitindo a navegación a unha velocidade de 512 Kbps en lugares públicos e sen coste algún, que se (...)
Ler máisA galega LambdaStream, seleccionada polo Foro Neotec para abrirse camiño no eido internacional
A empresa galega LambdaStream, desenvolvida no marco do Viveiro de Empresas da Universidade da Coruña por Víctor Manuel Gulías e Miguel Barreiro, vén de recibir un importante pulo na súa carreira pola excelencia no sector das novas tecnoloxías, logo de ser seleccionada como unha das dezaseis mellores empresas start-up de toda España no quinto Foro Neotec. (...)
Ler máisChanante Piñeiro: un festival para os greatest hits do vídeo galego en liña
No wiki de Chuza! descubrimos unha convocatoria que, entre outras cousas, serve para que lembremos que non hai nada que se deba tomar moi en serio, nin sequera (e agardamos que isto non sexa moi politicamente incorrecto) o audiovisual. Xa o propio nome do certame fala por si só: Chanante Piñeiro, en clara homenaxe (?) ós Premios Chano Piñeiro que organiza o (...)
Ler máisYahoo! envíanos ó espazo na súa cápsula do tempo
Dende que Yuri Gagarin viaxou por primeira vez ó espazo, o 12 de abril de 1961, facendo unha órbita completa arredor da Terra, os anhelos por conquistar todo aquilo que non é “planeta Terra” increméntanse como a escuma co paso do tempo. Cada día danse a coñecer nomes de famosos podres de cartos que xa teñen reservada a súa viaxe espacial a bordo dunha nave que (...)
Ler máisA directora de Microsoft Ibérica advirte ós políticos sobre as posibles distorsións dos problemas que se poden percibir a través da Internet
Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, durante o primeiro congreso Sociedade do Coñecemento e Democracia celebrado en Málaga (que contou coa presenza de líderes mundiais coma Al Gore, Mikhail Gorbachev ou Felipe González) advertiu ós políticos de que non deben confundir as opinións que reciben a través da Internet coas do conxunto da cidadanía, pois (...)
Ler máisGoogle combina os seus servizos en liña de procesado de texto e folla de cálculo
Google parece querer facerlle fronte ó Microsoft Office, e como primeiro paso vén de integrar o procesador de textos en liña Writely (adquirido por Google no mes de marzo) e o seu sistema de folla de cálculo baixo o nome de Google Docs & Spreadsheets, de xeito que os usuarios que o desexen poderán empregar este tipo de aplicacións sen precisar da (...)
Ler máisSuso de Toro é o primeiro convidado das emisións en directo de EblogTV
EblogTV é unha curiosa iniciativa que mestura blogs e vídeos, que está emerxendo na Internet durante estas datas, e durante a mañá deste mércores inaugurou unha das súas funcionalidades máis atractivas, o Eblog-Directo-TV, que consiste na transmisión en directo de entrevistas ás que os espectadores poden achegar consultas e que para comezar contan como convidado (...)
Ler máisO éxito do iPod chega ós videoxogos
Os reprodutores multimedia de Apple non paran de medrar, e a poucos días do lanzamento no seu novo iPod shuffle (que se comezará a vender o 15 de outubro a 79 euros) sabemos que non só os iPod dominan a metade do mercado mundial de dispositivos reprodutores de MP3, senón que a súa presenza no mercado norteamericano é do 75%.Ademais, a evolución destes (...)
Ler máis8,8 millóns de españois son usuarios habituais de videoxogos
A Asociación de Distribuidores e Editores de Software de Lecer (aDeSe) publico o seu novo Estudio de Hábitos e Usos dos Videoxogos no que se debuxa o perfil do usuario español deste tipo de produtos, para o que se realizaron máis de 4.000 entrevistas a persoas de ata 34 anos de idade.Actualmente considérase que 1 de cada 5 españois xogan habitualmente ós (...)
Ler máis0 | ... | 48820 | 48830 | 48840 | 48850 | 48860 | 48870 | 48880 | 48890 | 48900 | ... | 48930
