Artigos desta sección
A galega Blusens presentará na CES de Las Vegas o reprodutor mp3 con tecnoloxía Wi-Fi
A empresa galega Blusens segue (e seguirá) a colleitar éxitos no mercado internacional das novas tecnoloxías da información vinculadas ó lecer, e todo iso dende unha cidade (Santiago) situada –en teoría– lonxe dos despachos onde supostamente se toman as grandes decisións na era da Sociedade do Coñecemento. Referímonos á nova que vén de publicar A Voz onde se (...)
Ler máisUnha web amosa a noite coruñesa en imaxes
A web marchaenlacalle.com recompila fotografías de persoas de marcha en A Coruña, o Burgo e Santa Cristina, de xeito que se converte nun punto de referente da movida nocturna coruñesa. A páxina, que vén de cumprir un ano de vida, está dirixida por Rocío Bardón, quen asegura que xa conta con 170.000 instantáneas ás que chama “flashes da noite” (aínda que nas (...)
Ler máisOs videoxogos poderían ter efectos psicolóxicos positivos
Os videoxogos poden non ser só un elemento do lecer dos mozos, senón que poderían satisfacer certas necesidades dos usuarios a nivel psicolóxico segundo un estudio realizado pola Universidade de Rochester (New York, EE.UU.) e un grupo de investigadores de Immersyve Inc. Os investigadores afirman que os usuarios de videoxogos non se vían atraídos ós mesmos (...)
Ler máisSamsung desenvolveu un chip de memoria de 1 Gb para dispositivos portátiles
O incremento das capacidades de almacenamento de datos non cesa, e agora Samsung desenvolveu un novo chip de memoria DRAM de 1 Gb, sendo o primeiro deste tipo en empregar tecnoloxía de 80 nm que se comezará a comercializar no segundo trimestre de 2007.
Ler máisPiden a Yoigo que fale galego
A Ciberirmandade da Fala iniciou unha campaña na que denuncia que o novo operador de telefonía móbil, Yoigo, ignora o galego mentres ofrece servizos tanto en español coma en catalán, euskera e mesmo inglés e insta ós potenciais usuarios da compañía a que remitan unha mensaxe por correo electrónico á nova empresa (a través dun formulario na súa web) de xeito que (...)
Ler máisXa se pode visitar virtualmente a residencia do Primeiro Ministro británico
Os primeiros ministros británicos residen historicamente no número 10 da rúa Downing, que é xa un dos edificios máis emblemáticos do Reino Unido, que agora se abre un pouco máis á Internet dende a súa páxina web, que permite facer unha visita virtual a varias das habitacións máis importantes. Así, o visitante virtual pode explorar a entrada da residencia de Tony (...)
Ler máisMicrosoft regala ordenadores portátiles con Windows Vista a distintos blogueiros
Portátil Acer Ferrari recibido por un blogueiro Varios blogueiros relevantes a nivel mundial veñen de recibir ordenadores portátiles Acer Ferrari (nos seus modelos 1000 e 5000, valorados en 1.688,66 e 2.083,95 euros respectivamente) co Windows Vista Ultimate preinstalado para que poidan analizar de xeito cómodo o novo sistema operativo da compañía de (...)
Ler máisA Internet celebra ó seu xeito o Día dos Santos Inocentes
Outro ano máis, a Internet (e especialmente a blogosfera) se converteu no mellor sistema para seguir as bromas correspondentes ó Día dos Santos Inocentes, nos que moitos medios e webs publican distintas novas inventadas. Así, hoxe puidemos ver como en Chuza! bromeaban sobre o feito de deixar a edición non xerárquica nomeando a María Yáñez (anterior directora (...)
Ler máisHitachi presentou unha pantalla de 2,9 polgadas que acada unha resolución de 800 x 480 píxeles
Parece que as pantallas dos teléfonos móbiles e reprodutores multimedia portátiles van a dar un salto cualitativo no tocante á súa resolución se pantallas LCD como a que vén de presentar Hitachi comezan a popularizarse, xa que conseguen unha resolución de 800 x 480 píxeles (calidade equiparable á da televisión en definición estándar) en só 2,9 polgadas. Esta (...)
Ler máisItalia venderá licenzas WiMAX en 2007
As tecnoloxías de comunicación sen fíos para equipos informáticos emerxeron nos últimos anos ata converterse nun elemento cotiá que incluso vén de serie nos ordenadores portátiles e este éxito levou a potenciar estas solucións de xeito que nos vindeiros anos veremos novas solucións de comunicación mediante ondas de radio como WiMAX, que permitiría coberturas de ata (...)
Ler máis0 | ... | 48430 | 48440 | 48450 | 48460 | 48470 | 48480 | 48490 | 48500 | 48510 | ... | 48940
