Artigos desta sección
Google combina os seus servizos en liña de procesado de texto e folla de cálculo
Google parece querer facerlle fronte ó Microsoft Office, e como primeiro paso vén de integrar o procesador de textos en liña Writely (adquirido por Google no mes de marzo) e o seu sistema de folla de cálculo baixo o nome de Google Docs & Spreadsheets, de xeito que os usuarios que o desexen poderán empregar este tipo de aplicacións sen precisar da (...)
Ler máisSuso de Toro é o primeiro convidado das emisións en directo de EblogTV
EblogTV é unha curiosa iniciativa que mestura blogs e vídeos, que está emerxendo na Internet durante estas datas, e durante a mañá deste mércores inaugurou unha das súas funcionalidades máis atractivas, o Eblog-Directo-TV, que consiste na transmisión en directo de entrevistas ás que os espectadores poden achegar consultas e que para comezar contan como convidado (...)
Ler máisO éxito do iPod chega ós videoxogos
Os reprodutores multimedia de Apple non paran de medrar, e a poucos días do lanzamento no seu novo iPod shuffle (que se comezará a vender o 15 de outubro a 79 euros) sabemos que non só os iPod dominan a metade do mercado mundial de dispositivos reprodutores de MP3, senón que a súa presenza no mercado norteamericano é do 75%.Ademais, a evolución destes (...)
Ler máis8,8 millóns de españois son usuarios habituais de videoxogos
A Asociación de Distribuidores e Editores de Software de Lecer (aDeSe) publico o seu novo Estudio de Hábitos e Usos dos Videoxogos no que se debuxa o perfil do usuario español deste tipo de produtos, para o que se realizaron máis de 4.000 entrevistas a persoas de ata 34 anos de idade.Actualmente considérase que 1 de cada 5 españois xogan habitualmente ós (...)
Ler máisOs EE.UU. presionan a Rusia para que peche a web AllOfMP3.com
Resulta sorprendente que un dos atrancos para o ingreso de Rusia na Organización Mundial do Comercio sexa unha páxina web, e é que os negociadores norteamericanos que están a conectar cos responsables rusos queren que a tenda virtual AllOfMP3.com peche, porque o consideran como un dos meirandes fondos de música pirateada a nivel mundial, se ben, a web é (...)
Ler máisInternet supera por primeira vez ós xornais como fonte de información
Internet ábrese camiño nos ollos da xente. A vida informada xa non se entende sen a Rede, e cada vez danse máis casos de directores e presidentes de xornais en papel que pensan con saudade nos días de gloria da prensa escrita. Eses días, se temos en conta o que di o Jupiter Research (gabinete de investigación), xa pasaron definitivamente.Por unha banda, temos (...)
Ler máisO Proxecto Regina chega á súa conferencia final e abre as portas para a celebración dun seminario sobre biotecnoloxía en Santiago
Este martes 10 de outubro celébrase a Conferencia Final do Proxecto Regina, unha iniciativa europea para converter nacións atlánticas en espazos de excelencia no eido da Sociedade da Información (máis competitivas e circulando na liña dun desenvolvemento máis sostible). Nesta derradeira e decisiva cita do proxecto, que se celebra en Bizkaia, participarán (...)
Ler máisTraballo quere ter operativo en 2007 o Centro de Formación en Novas Tecnoloxías de Santiago
Segundo a Consellería de Traballo, o Centro de Formación en Novas Tecnoloxías que puxo en marcha en Santiago estará rematado o ano que vén. O proxecto, que leva un investimento de 4 millóns e foi presentado o pasado 13 de setembro, ten como principal obxectivo fortalecer a formación e a competitividade das empresas galegas de cara a abrirse camiño nun mercado (...)
Ler máisNovo servizo de creación de blogs en galego
O servizo de creación de blogs, Nireblog, presentou a súa versión en galego, de xeito que completa o seu servizo que xa permitía o seu acceso en español, euskera, portugués, inglés e árabe.Cada unha das falas dispoñibles incorpora a súa propia páxina de entrada dende a que aparecen as últimas publicacións nas mesmas dentro do sistema de Nireblog (que polo momento (...)
Ler máisUnha mañá do alcalde de Bos Aires púidose seguir en directo a través da Rede
O pasado venres, de 8 a 12 de mañá, a web da cidade arxentina de Bos Aires retransmitiu en directo ó facer do xefe de Goberno da Cidade, Jorge Telerman, realizando as súas tarefas cotiás nunha sección que chamaron “El intendente on-line” na que se vían as imaxes captadas en vivo por unha cámara sita no despacho do edil durante 4 horas.Deste xeito, os cidadáns (...)
Ler máis0 | ... | 42350 | 42360 | 42370 | 42380 | 42390 | 42400 | 42410 | 42420 | 42430 | ... | 42450