Artigos desta sección
Bruxelas propón abrir Android a asistentes de IA de terceiros
A Comisión Europea deu a coñecer as súas conclusións preliminares sobre as medidas que Google debería aplicar para garantir a interoperabilidade de Android con servizos de terceiros, no marco dos procedementos iniciados o pasado 27 de xaneiro de 2026 ao abeiro da Lei de Mercados Dixitais (...)
Ler máisA Xunta impulsa un marco para regular a xestión de documentos electrónicos
A Xunta deu luz verde ao informe que establece as bases para regular a creación e xestión de documentos electrónicos no sector público autonómico. A iniciativa, impulsada polas consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e de Facenda e Administración Pública, busca configurar un marco que permita optimizar e reforzar a fiabilidade da administración (...)
Ler máisA Xunta licita un contrato de 47,36 millóns para reforzar a súa rede de telecomunicacións en 3.000 centros
A Xunta reforzará a capacidade de resposta da súa rede corporativa de telecomunicacións cun novo contrato que dará servizo a arredor de 3.000 centros da Administración autonómica. O Consello tomou razón da próxima licitación, que busca mellorar a capacidade, a dispoñibilidade e a continuidade dunha infraestrutura clave para a prestación de servizos dixitais á (...)
Ler máisA RAGC convoca as Medallas de Investigación
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vén de convocar a nova edición das súas Medallas de Investigación. Estes galardóns recoñecen a traxectoria consolidada de científicas e científicos en activo que desenvolven a súa actividade en centros de investigación da nosa comunidade.
Ler máisO Consello da Cultura Galega relanza Atalaia, plataforma da arte plástica contemporánea
A Sección de Arte e Creación Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG) vai rematar abril cunha relevante novidade tecnolóxica que engadir ao seu longo capítulo de acontecementos dixitais. Trátase do relanzamento de Atalaia, plataforma web da creación contemporánea (...)
Ler máisA Deputación da Coruña e a Cámara de Santiago atenderon 78 proxectos empresariais innovadores
A Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago celebraron este luns 27 de abril o Demo Day do programa Provincia Emprendedora, un encontro no que se presentou o balance do primeiro ano desta iniciativa e no que se puxo en valor o talento, a innovación e a capacidade emprendedora de Santiago e a súa (...)
Ler máisUnha ferramenta facilita a análise do investimento publicitario da Xunta
O analista Marcelino Madrigal, desenvolveu unha aplicación que facilita a análise dos datos publicados nos portais de transparencia das Administracións públicas, o que lle permitiu unha análise, por exemplo, do investimento que realizan en publicidade os distintos departamentos públicos e a través de que empresas se canalizan, dun xeito (...)
Ler máisO CITIC recibe aos clústeres galegos ao abeiro do proposta UDC Conecta
O pasado venres o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) recibía a representantes dos clústeres galegos no marco da iniciativa UDC Conecta, impulsada pola Oficina de Transferencia do Coñecemento (OTC). A finalidade deste programa é explorar e impulsar novas liñas de colaboración, así como (...)
Ler máisEmpresas tecnolóxicas amosarán en Santiago como as matemáticas lograron mellorar os seus procesos
O CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), impulsado polas tres universidades galegas, e con sede no Campus Vida da Universidade de Santiago, xuntará o vindeiro 22 de maio a investigadores matemáticos e a representantes de empresas nacionais e internacionais, que amosarán como as matemáticas están a resolver problemas actuais que (...)
Ler máisO bus urbano de Vigo intégrase en Google Maps
A semana pasada o Concello de Vigo informou da incorporación do servizo de bus urbano a Google Maps. O alcalde Abel Caballero engadiu que con esta novidade actívase o cálculo de rutas do transporte urbano vigués “na plataforma de navegación máis utilizada no mundo” e que a partir de agora as persoas que queiran viaxar dun punto a outro da cidade xa poden (...)
Ler máis0 | ... | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | ... | 48930
