Nokia presenta o seu Lumia 925 como un móbil delgado e con carcasa de aluminio

martes, 14 de maio do 2013 Marcus Fernández

Esta mañá Nokia celebrou unha conferencia de prensa para amosar novidades da familia Lumia, como amosar aos medios europeos o Lumia 928, pero o auténtico motivo para a presentación era dar a coñecer ao mundo o novo Nokia Lumia 925, unha importante revisión do célebre Nokia Lumia 920, que a primeira vista consiste en incorporar unha carcasa de aluminio e adelgazar o terminal el grosor (queda en 8,5 milímetros) e peso (baixa ata o 139 gramos). Pero os seus cambios van un pouco máis aló, como mudar a súa pantalla de 4,5 polgadas de IPS a AMOLED (o que incrementa considerablemente a súa autonomía) e a eliminación do sistema de carga sen fíos como prestación interna (a funcionalidade acádase cunha funda para o terminal, de xeito que os usuarios que non precisen de tal funcionalidade poden gozar dun móbil máis fino e lixeiro).
A capacidade de almacenamento interna do móbil baixa de 32 a 16 Gb, detalle que facilitará que o seu prezo sexa máis competitivo, agardándose que o seu prezo antes de impostos en España sexa de 469 euros, agardándose a súa chegada ás tendas para o vindeiro mes de xuño.
Ao ter un corpo de aluminio estará só dispoñible en cores sobrias (branco, negro e gris) en contraste co resto de móbiles Lumia, o que dende Nokia defenden que é para ofrecer aos usuarios distintas opcións, pois non queren dar a entender que algún dos seus Lumia 92x sexa mellor que o resto, só serían distintos.
Outro detalle que destacaron dende Nokia na presentación do novo móbil son as súas melloras de software, que principalmente diríxense á cámara, que estrea unha aplicación cada vez máis completa, que facilita a creación de fotografías moi creativas como, por exemplo, podendo disparar varias fotografías consecutivas para amosalas cunha especie de papel cebola personalizable para transmitir o movemento dunha acción. Sen dúbida, un interesante dispositivo que poderá agradar aos detractores do Lumia 920 polo seu peso ou para os que gusten de corpos metálicos para os seus móbiles.


Vídeo de presentación do novo Nokia Lumia 925