Movistar e Vodafone únense ás rebaixas de xaneiro
luns, 11 de xaneiro do 2010
Movistar e Vodafone, as dúas operadoras de
telefonía móbil que máis clientes acaparan en todo o territorio nacional, non
queren deixar de encher os seus petos na temida “costa de xaneiro” (na que a maioría da poboación xa fixo todas as
chamadas de felicitación que tiña que facer e dalle un respiro aos seus móbiles),
e veñen de anunciar as súas propias “promocións
de rebaixas”,
unhas promocións que ben poderían chamarse “ampliación
da promoción de Nadal”, xa que tanto unha como a outra manteñen as tarifas
anteriores con algunha pequena modificación.
Por unha banda, Movistar volve á promocion 100x1 a todos durante as 24 horas do
día, unha oferta que será aplicable aos
novos clientes que fagan unha portabilidade ou contrato antes do 31 de xaneiro
e que terá vixencia ata o vindeiro 21 de xuño de 2010.
Porén esta oferta estará limitada a un máximo
de 7000 minutos de balde en total e non poderán acollerse a ela os actuais
clientes de Movistar.
Para estes últimos, a operadora nacional
tamén vén de activar unha nova promoción, trátase da promoción Rebaixas Multimedia, que é de balde para
todo o mundo e que permite enviar ata 1000 MMS a Movistar pola metade de prezo
durante 30 días a partir da confirmación da alta, que debe realizarse antes do
vindeiro 31 de xaneiro enviando un SMS coa palabra ALTA ao 224405.
Por outra banda, os clientes de contrato
particular ou autónomo de Vodafone que teñan calquera das tarifas planas de voz
de 19.90 € ou superior, poderán activar de balde un beneficio adicional ao que
xa ten cada tarifa plana para disfrutar dela ata o 31 de marzo.
Os beneficios aos que se refiren os de Vodafone
son: Chamadas gratis a fixos as 24 horas
do día, Chamadas gratis os fins de semana a todos ou 1000 SMS de balde a Vodafone.
Os clientes de tarxeta prepago de Vodafone,
por último, tamén teñen unha promoción exclusivamente para eles que consiste en
poder falar as fins de semana por 0 céntimos/minuto a Vodafone (máis
establecemento de chamada) dende o 7 de febreiro ata o 31 de xullo de 2010.
