LG presenta monitores OLED que ofrece unha experiencia de xogo sen igual
xoves, 21 de decembro do 2023
LG vai levar ao
CES de Las Vegas os seus novos
monitores gaming UltraGear OLED, deseñados para ofrecer unha
experiencia de xogo superior, destacando especialmente o monitor modelo 32GS95UE,
que é o primeiro do mercado en ofrecer unha velocidade de refresco dual de 240
Hz en 4K e 480 Hz en Full HD, podendo mudar entre ambos modos de funcionamento
cun simple clic.
Este impresionante monitor de 32 polgadas tamén presume dunha resposta de 0,03
milisegundos (eliminando o desenfoque de movemento), ten marcos mÃnimos e
incluso integra altofalantes con soporte de DTS Virtual:X agochados detrás do seu
panel OLED.
A este monitor acompáñanos un par de modelos curvos, o 34GS95QE e o 39GS95QE, que
chegan con pantallas de 34 e 39 polgadas respectivamente, panel cunha curvatura
de 800R, cunha resolución de 3.400 x 1.440 pÃxeles e recubrimento
anti-reflexos.
Completan esta oferta de monitores os modelos 27GS95QE, 45GS95QE e 45GS96QB, con
certificación VESA DisplayHDR True Black 400 (ou sexa, con grande brillo e
contraste, asà como uns negros moi profundos). O 27GS95QE está destinado a espazos
limitados, mentres que os modelos de 45 polgadas achegan unha experiencia moi
inmersiva grazas ao seu panel con curvatura 800R, que no caso do 45GS96QB está mellorada
polos altofalantes integrados.
AÃnda non se sabe cando chegarán os novos monitores ao mercado, pero dadas as
súas especificacións non se espera que sexan precisamente económicos, pois sitúanse
entre os mellores que pode ofrecer o mercado.
