LG lanza un portátil con pantalla táctil encartable
martes, 26 de setembro do 2023
As
pantallas encartables fixéronse relativamente populares nos smartphones, de aÃ
que xa non sorprenda ver dispositivos como o Samsung Galaxy Z Fold5, cunha
pantalla principal encartable que incluso soporta o uso dun lapis dixitalizador,
pero as posibilidades deste tipo de dispositivo poden ter moito sentido nun
maior tamaño, para xuntar a versatilidade de tabletas e portátiles nun único
produto, como pretenden co novo LG Gram Fold, que o
vindeiro 4 de outubro sae á venda en Corea do Sur a un prezo de 4,99 millóns de
wons (3.484 euros).
LG presenta este equipo como un ordenador portátil, pois cando está
semi-encartado vén a ser como un equipo cunha pantalla de 12 polgadas cunha
relación de aspecto 3:2, mentres que a outra metade da pantalla pode facer de
teclado virtual (aÃnda que tamén pode colocarse sobre esa parte un teclado
fÃsico moi delgado, que resulta máis acaÃdo para usuarios que teñan que
escribir textos de certa lonxitude). Se deixamos o dispositivo totalmente
aberto, e optamos por empregar un teclado externo, nese caso serÃa como ter un
ordenador cunha pantalla de 17 polgadas. Tamén é posible optar por empregar o
dispositivo en modo libro, deixando clara a súa grande versatilidade.
O LG Gram Fold funciona cun procesador Intel Core i5-1335U, 16 GB deRAM, 512 GB
de almacenamento interno NVMe, 2 portos USB-C (un compatible con Thunderbolt 4),
1 porto USB 3.2, baterÃa de 72 Wh e, como caracterÃstica principal, unha
pantalla táctil OLED cunha resolución de 2.560 x 1.920 pÃxeles compatible con
lapis dixitalizador de Wacom. O equipo ten un grosor de 9,4 milÃmetros aberto,
e ata 19,2 milÃmetros pechado, sendo o seu peso de 1,25 quilogramos (1,53 quilogramos
incluÃndo o accesorio de teclado).
Aparte dun hardware bastante completo, cómpre salientar que este equipo
funciona con Windows 11, polo que resulta evidente que o seu uso principal é
como ordenador persoal, mentres que as funcionalidades táctiles estarÃan bastante
limitadas (aÃnda que para o consumo de contidos terÃa pouca importancia).

- O LG Gram Fold é un portátil moi versátil grazas á súa pantalla encartable
VÃdeo promocional do LG Gram Fold
