Insta360 integra unha pantalla de tinta electrónica nos seus micrófonos sen fÃos
martes, 19 de maio do 2026
Insta360 anunciou o lanzamento do Insta360 Mic Pro, un novo sistema de micrófonos sen fÃos orientado a creadores de contido, cineastas, podcasteiros e producións profesionais, apostando por funcións pouco habituais neste segmento como unha pantalla de tinta electrónica personalizable e un sistema de captación baseado en tres micrófonos integrados.
A súa caracterÃstica máis rechamante é a incorporación dunha pantalla de tinta electrónica en cada transmisor, algo que se presenta como unha novidade dentro desta categorÃa de produto (mentres a competencia suxerÃa a colocación de adhesivos para a personalización dos micrófonos). A través da aplicación de Insta360 poden cargarse logotipos, nomes ou gráficos personalizados que permanecen visibles mesmo co dispositivo apagado. Esta tecnoloxÃa tamén contribúe á autonomÃa, xa que a tinta electrónica só consome enerxÃa ao actualizar a imaxe, e facilita a visibilidade en exteriores con luz solar directa, onde os paneis OLED adoitan ofrecer peores resultados.
O Insta360 Mic Pro integra tres micrófonos por transmisor, combinados mediante procesamento dixital para simular distintos patróns polares. O usuario pode escoller entre modos omnidireccional, cardioide e figura de oito desde o receptor ou desde a aplicación móbil. O modo cardioide busca ofrecer un comportamento semellante ao dun micrófono de pistola cando se monta sobre unha cámara, mentres que o modo figura de oito está pensado para entrevistas e conversas entre dúas persoas.
O sistema incorpora cancelación de ruÃdo mediante IA apoiada nun chip NPU dedicado, co obxectivo de reducir vento, ruÃdo ambiental ou son de fondo, mantendo unha voz máis natural que nos sistemas convencionais de redución de ruÃdo.
Outro dos elementos destacados é a gravación interna en formato flotante de 32 bits, unha funcionalidade orientada a evitar saturacións ou clipping en situacións nas que o volume cambia de maneira imprevisible. Esta tecnoloxÃa permite rexistrar desde sons moi baixos ata berros repentinos sen perda de información, facilitando posteriormente o axuste do audio na edición.
Cada transmisor integra ademais 32 GB de almacenamento interno para funcionar como copia de seguridade independente en caso de fallos na transmisión sen fÃos ou na cámara. As gravacións divÃdense automaticamente en segmentos de 30 minutos para evitar limitacións de tamaño de ficheiro. Insta360 asegura tamén que a gravación estéreo interna é unha función pouco habitual neste tipo de dispositivos compactos.
O Insta360 Mic Pro sorprende cun modo que permite conectar ata catro transmisores a un único receptor mantendo pistas separadas. Tamén ten un modo que posibilita distribuÃr dous transmisores entre catro receptores simultaneamente, pensado para producións multicámara ou retransmisións.
A compatibilidade directa mediante Bluetooth con cámaras Insta360 como X5, X4 Air, Ace Pro 2 e GO Ultra permite prescindir do receptor en determinadas configuracións. Tamén se ofrece conexión mediante jack de 3,5 milÃmetros, USB-C ou Lightning para cámaras tradicionais e smartphones.
A autonomÃa anunciada alcanza as 10 horas por transmisor, ampliables ata 30 horas empregando o estoxo de carga. Unha carga rápida de cinco minutos proporciona ata unha hora adicional de uso.
O Insta360 Mic Pro tamén conta con sincronización de código temporal mediante oscilador TCXO, prometendo menos dun fotograma de desfase en 24 horas para facilitar a sincronización entre audio e vÃdeo en producións multicámara.
O sistema de micrófonos sen fÃos está dispoñible a prezos que parten dos 109 euros para un transmisor individual. O kit con 1 transmisor e 1 receptor custa 209 euros, mentres que a configuración con 2 transmisores e 1 receptor ascende a 329 euros. A versión con 4 transmisores e 1 receptor sitúase nos 547 euros.
VÃdeo de presentación do Insta360 Mic Pro
