HP máis preto de adquirir a empresa de seguridade informática ArcSight

luns, 13 de setembro do 2010 Raquel Noya

A firma tecnolóxica Hewlett-Packard, que leva un tempo mostrando intencións de adquirir a compañía de seguridade informática ArcSight, vén de acurtar distancias no proceso de negociación ao anunciar que está a piques de pechar o acordo de compra por uns 1.500 millóns de dólares, (algo mais de 1.171 millóns de euros).
Así o asegura o xornal Wall Street Journal, onde engaden que ArcSight espertou o interese de varias das grandes empresas tecnolóxicas e estivo buscando unha oferta que se aproximara aos 42 dólares por acción.
O acordo, de terse pechado, suporía a segunda meirande adquisición de HP dende a saída do ex presidente executivo Mark Hurd, o que demostra que o xigante tecnolóxico continúa cun crecemento agresivo pese a crise na xefatura.