Falece unha muller de 28 anos por inxerir auga de máis para gañar unha Wii nun concurso

martes, 16 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

Strange, nunha foto do Departamemto de Vehículos a Motor de California

Jennifer Strange, unha californiana de 28 anos e nai de tres fillos, perdeu a vida o pasado venres despois de participar nun concurso que premiaba cunha Nintendo Wii á persoa que bebese máis auga sen mexar.
A muller inxeriu máis de dous litros de auga para facerse co premio do concurso Hold your Wee for a Wii (xogo de palabras que en galego se traduciría como Conteña os seus ouriños por unha Wii), organizado pola cadea de radio KDND 107.9 de Sacramento, California, e marchou para a casa queixándose de fortes dores de cabeza.
O informe forense indica que a morte de Strange produciuse horas despois por “unha intoxicación por auga, doenza que adoita a aparecer cando se altera o balance normal de electrólitos no corpo a causa dunha rápida inxesta de líquido, que en xeral pode causar inchazón cerebral, derrames, coma ou -o acontecido neste caso- a morte.