Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Codigo.gal 
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

empresas

Redegal é xa a principal axencia dixital en México

Redegal, axencia galega de mercadotecnia dixital e servizos de comercio electrónico, vén de facer reconto dos éxitos e recoñecementos obtidos ao longo de 2015, aos que cómpre sumar (este ano) a distinción nos premios eAwards México 2016, da que falamos en Código Cero hai precisamente unhas semanas. Segundo nos lembra a firma galega, en 2015 non só foi premiada (...)

Ler máis

Telefónica adquire SHADOW, ferramenta de seguridade documental desenvolvida en Gradiant

O fundador de ElevenPaths, Chema Alonso, vén de anunciar durante o Security Innovation Day 2016, evento celebrado por Telefónica en Madrid, a compra da solución de seguridade e trazabilidade documental SHADOW, adquisición consecuencia do recente acordo de colaboración entre Gradiant, o Centro Tecnolóxico TIC de Galicia e ElevenPahts (división de seguridade de (...)

Ler máis

IBM pon a disposición dos concellos a súa plataforma de transformación dixital POEM

A multinacional IBM vén de pór a disposición de calquera cidade a plataforma de transformación dixital POEM, unha tecnoloxía que fornece (en primeira instancia) solucións eficaces de atención á cidadanía e de inspección do espazo público. Segundo informou a compañía dun xeito máis xenérico, a solución facilita aos municipios, con independencia do seu tamaño, “o (...)

Ler máis

A fibra óptica de R e Rede Aberta chega a 6.500 fogares do concello de Rianxo

A cobertura de fibra óptica no fogar (FTTH) vén de chegar a arredor de 6.500 fogares e empresas do concello de Rianxo grazas ao acordo da operadora de telecomunicacións R co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta. Deste xeito uns 1.200 inmóbeis dos núcleos de Rianxo, Isorna, Leiro e Taragoña sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas (...)

Ler máis

O ITG alcanza unha facturación récord de 10 millóns de euros e 130 empregados

O Centro Tecnolóxico ITG alcanzou en 2023 unha facturación récord de 9,8 millóns de euros, ademais de ampliar o seu persoal ata os 130 profesionais por primeira vez na súa historia. Nestas cifras, segundo explicou este 29 de xullo Carlos Calvo (director xeral do centro), influíu o incremento nun 34% da actividade de ITG en Intelixencia Artificial grazas ás (...)

Ler máis

Preto de 7.000 inmóbeis de Chantada xa dispoñen de alta velocidade coa fibra óptica de R

A operadora galega R fixo balance da súa presenza no concello lucense de Chantada, onde xa dispoñen de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH) arredor de 7.000 fogares e empresas. Estes inmóbeis poden gozar grazas a esta tecnoloxía de R “dos servizos máis avanzados de telecomunicacións coa tecnoloxía máis rápida do mercado”, sinalou a empresa, engadindo que (...)

Ler máis

Vitae achega unha xornada gratuíta na Cidade das TIC sobre a IA Xenerativa

Vitae Consultores, consultora tecnolóxica da nosa terra centrada en achegar formación avanzada sobre as máis disruptivas tecnoloxías de uso empresarial e profesional, vai organizar este mes de marzo un evento formativo e gratuíto que pon o foco nunha das tecnoloxías punteiras con meirande proxección no ámbito das empresas de desenvolvemento TIC: a Intelixencia (...)

Ler máis

Imaxin alíase con Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con IA

A empresa galega imaxin|software e a portuguesa Priberam remataron a integración de varios pares de idiomas da plataforma Opentrad no software de tratamento de vídeo plainX que, segundo indican, “permite a transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe automática empregando avanzadas técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural e de Intelixencia Artificial”. (...)

Ler máis

Vitae mergúllanos nas vantaxes do Cadro de Mando Integral para recursos humanos

Entre as conclusións que podemos extraer da actual situación sanitaria e social atópase unha que entronca directamente coa innovación: cada día é unha nova oportunidade para formarnos e evolucionar. Se isto é válido para calquera época previa á crise, agora resulta aínda máis conveniente, tendo en conta como todo, dende o detalle máis grande até o máis pequeno, nos (...)

Ler máis

Tecalis, recoñecida co premio europeo á xestión empresarial

A tecnolóxica galega Tecalis, con sede en Milladoiro (Ames) e centrada en servizos TIC avanzados, vén de recibir un novo recoñecemento ao seu labor e á súa excelencia en desenvolvemento. Trátase do Premio Europeo á Xestión e Innovación Empresarial 2019, que distingue o éxito das empresas cunha traxectoria exemplar no ámbito estatal e europeo con prácticas e (...)

Ler máis

0 | ... | 710 | 720 | 730 | 740 | 750 | 760 | 770 | 780 | 790 | ... | 880

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

       

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade