empresas
Nace a escola para profesionais tecnolóxicos The Key
The Key, a escola para profesionais do sector tecnolóxico impulsada polo Grupo Nortempo, presentouse hoxe na Cidade das TIC, nun evento que contou coa presenza da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello da Coruña.
Ler máisVitae abre o mes de xuño cunha nova edición do seu curso sobre resolución de conflitos
A consultora tecnolóxica Vitae, referente galego da formación tecnolóxica para desenvolvedores, vai organizar na recta final desta primavera a nova edición (a sexta) dun curso que axuda aos participantes a asegurar o mellor ambiente de traballo posíbel en cadansúa empresa. Trátase do Curso Resolución de Conflitos, que se desenvolve a través do formato de aula (...)
Ler máisEn abril volve o curso de Vitae centrado en People Analytics e como xestionar persoas
A consultora galega Vitae, destacado referente galego e nacional en formación tecnolóxica para empresas da vangarda innovadora, vainos ofrecer esta tempada a terceira edición dun curso directamente encamiñado a permitirnos seguir avanzando en innovación poñendo o foco no piar básico de calquera empresa: as persoas. Trátase da actividade formativa People (...)
Ler máisVitae adestraranos na creación dos mellores equipos de profesionais TIC
Quen queira unha oportunidade para avanzar no camiño de facerse co mellor equipo profesional, vai tela os vindeiros días da man de Vitae Consultores, grazas á nova edición (a número 13) do seu Curso de Avaliación e Selección Avanzada de Perfís TI (e non TI): un obradoiro formativo que nos mostra como explotar ao máximo o noso talento para formar os máis (...)
Ler máisA galega authUSB pecha a súa primeira rolda de investimento cunha inxección de 250.000 euros
A empresa galega authUSB, impulsada para facernos avanzar en ciberseguridade (nestes tempos de máis teletraballo, máis teledocencia, máis eAdministración e máis actividade empresarial e comunicativa na Rede), vén de pechar a súa primeira rolda de investimento con Marine Instruments SL como principal fornecedor de financiamento. A operación, a primeira rolda de (...)
Ler máisQuobis Networks afiánzase en novos mercados co apoio de Galicia Avanza
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitou este 23 de febreiro, no Porriño, a sede da empresa tecnolóxica Quobis Networks, centrada principalmente en servizos de consultoría de redes a operadores de telecomunicacións e grandes empresas, ámbito do que é un referente galego, estatal e europeo. Na súa estadía Argerey comprou os (...)
Ler máisPor que contratar un freelance para que deseñe o teu sitio web?
Na actualidade, o mundo dixital está en pleno auxe. É por isto que, dispoñer dunha páxina web actualizada e ben deseñada, resulta unha excelente ferramenta de comunicación entre a empresa e os seus clientes ou potenciais clientes. Unha páxina web defínese como o conxunto de información que se atopa situada nun determinado enderezo da Internet e que pode conter (...)
Ler máisBahía abrirá en Santander o seu primeiro centro de desenvolvemento de software fóra de Galicia
A compañía galega Bahía Software está dar importantes pasos en excelencia e crecemento. Á moi recente estrea das novas instalacións no polígono de Milladoiro, un innovador e referencial espazo de traballo nos lofts da rúa das Hedras, cómpre engadir agora a vindeira apertura en Santander do que sería o seu primeiro Centro de Desenvolvemento de Software fóra de (...)
Ler máisVitae ponnos ao día nas últimas e máis destacadas novidades da Guía do PMBOK
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, organiza esta tempada o Curso Xestión de proxectos PMI: actualización á Guía do PMBOK 7. Esta actividade formativa, válida para a preparación do exame de certificación PMP do PMI, desenvolverase os días 29, 30 e 31 de marzo, e o 4 e o 5 de abril. Serán 15 horas de contidos arredor das posibilidades do PMBOK (un (...)
Ler máisAs solucións de CIES e a renovación do ENS reforzan a posición de Seresco en ciberseguridade
Seresco, compañía tecnolóxica española especializada na integración de servizos de transformación dixital e infraestrutura e software, renovou a súa Certificación do Esquema Nacional de Seguridade (ENS), que asegura o cumprimento das medidas necesarias nos servizos ofrecidos a administracións públicas para garantir a protección adecuada dos datos, sistemas, (...)
Ler máis0 | ... | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | ... | 880
