Menu
PRINCIPAL
  • Recursos de buscaEscolma de buscadores
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Codigo.gal 
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Edición Impresa
  • Top 100 (webs galegas)
  • Top 50 (webs en galego)

empresas

Comeza a súa andaina a aposta estatal do Grupo Euskaltel baixo a marca Virgin Telco

O Grupo Euskaltel, do que forma parte a compañía galega R, comezou este mércores 20 de maio o seu espallamento nacional alén do seu ámbito tradicional de actividade no terzo norte da Península: Euskadi (a través da marca Euskaltel), Asturias (a través de Telecable) e Galicia (a través de R). A marca coa que vai operar a nivel estatal, Virgin Telco, irrompe no (...)

Ler máis

Docuten traslada en outubro a súa sede central a Hi Coruña

Docuten, empresa tecnolóxica galega e referente en solucións de sinatura dixital e factura electrónica, anunciou o traslado da súa sede central na Coruña: en outubro deste ano, a compañía mudará dende o Polígono da Grela, onde permaneceu máis de 8 anos, ao innovador espazo de traballo Hi Coruña, situado non centro da (...)

Ler máis

CEL e Abanca premian a Miramar Cruises pola súa traxectoria emprendedora

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Abanca entregaron este 30 de xuño o primeiro Premio CEL-Abanca ao Emprendemento na Provincia de Lugo, outorgado desta volta á firma Miramar Cruises, pola “súa traxectoria emprendedora, carácter innovador, xeración de emprego e riqueza, vocación de internacionalización e proxección de futuro”. Miramar Cruises, como (...)

Ler máis

Elogia volve aparecer entre as mellores axencias españolas na listaxe de Google

Google volve elaborar a súa listaxe de Google Premier Partners 2022, un ránking para recoñecer os logros dos socios de mercadotecnia dixital que conseguiron os mellores resultados a nivel mundial. Elogia, a axencia de mercadotecnia dixital con sede en Vigo e pertencente ao grupo VIKO, está desde 2016 entre eles. Trátase dunha distinción que só obteñen o 3 % (...)

Ler máis

Vitae formou online a 300 profesionais dende o inicio da emerxencia sanitaria

A consultora galega Vitae consolidouse esta primavera-verán como un puntal de formación, especialización e adestramento tecnolóxico contra a adversidade da crise sanitaria, a COVID-19 e as súas consecuencias. Froito desta actividade de resistencia, Vitae Consultores afianzou a súa área de formación online en directo, a Aula Virtual de Vitae, que foi quen de (...)

Ler máis

R, recoñecida pola Fundación Knowcosters pola súa transparencia fiscal

R, a operadora galega de telecomunicacións, será a primeira firma do seu sector que contará coa acreditación da pegada fiscal (HF polas súas siglas en castelán) da Fundación Knowcosters, o selo que certifica a transparencia e o compromiso en materia fiscal das entidades. Estes e outros datos foron dados a coñecer hoxe, durante a sinatura do acordo acadado entre (...)

Ler máis

Torusware, spin-off do CITIC, lidera o informe Ardán sobre xestión do talento

Torusware, firma innovadora creada por un equipo de investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC), encabeza a clasificación das empresas galegas que mellor xestionan o talento. Así o determina o informe Ardán de Xestión do Talento en 2021, desenvolvido polo Consorcio da Zona Franca de (...)

Ler máis

Vitae e Juan Naya achegan en novembro a terceira edición do seu Curso DAX Avanzado para Power BI

Tanto no eido da programación máis avanzada como nas contornas tecnolóxicas máis xenéricas, a linguaxe DAX (Data Analysis Expressions) está especialmente presente. Trátase dunha escolma de códigos, funcións, constantes e expresións de fórmulas que se emprega en Analysis Services, Power BI e Power Pivot en Excel e que axuda a crear información nova de datos nun (...)

Ler máis

Everis contratará 30 profesionais do ámbito tecnolóxico na Coruña

Everis, consultora tecnolóxica multinacional, vén de anunciar a contratación de 30 profesionais na Coruña ao longo dos vindeiros doce meses. Segundo engadiu a compañía de orixe española nun comunicado, a meirande parte das contratacións (o 80%) serán de mozas e mozos recentemente licenciados en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A porcentaxe (...)

Ler máis

Vitae achega entre entre setembro e outubro a nova edición do seu curso de auto coñecemento profesional

Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, vai achegar neste punto de inflexión entre o verán e o outono a segunda edición do curso Auto Coñecemento do Perfil Profesional. Serán 15 horas de formación, a desenvolver os días 26 e 28 de setembro, e os días 3, 5 e 6 de outubro. O obxectivo do curso é subministrarnos recursos para exercer a nosa carreira (...)

Ler máis

0 | ... | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | ... | 880

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 G
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

       

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade